Xosé Antón Gómez Segade
Aparencia
(Redirección desde «José Antonio Gómez Segade»)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de agosto de 1943 Monterrei, España |
| Catedrático de universidade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Xosé Antón Gómez Segade, nado en Monterrei o 20 de agosto de 1943, é un avogado e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor Agregado en Donostia (1974), e posteriormente Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia (1976). Dende 1981 é catedrático de Dereito Mercantil da USC. Foi un dos primeiros integrantes do Clube Nacionalista Alén Nós. En 2012 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Lois Peña Novo, 1998.
- Premio San Martiño de normalización lingüística, 2015.
- Premio Luís Porteiro Garea, 2018.