Club Esportiu Júpiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CE Júpiter
Nome Club Esportiu Júpiter
Fundación 1909
Estadio Camp de la Verneda
Barcelona, España España
Capacidade 5.500
Presidente Flag of Spain.svg Joan Rión
Adestrador Flag of Spain.svg Juanjo García
Liga Terceira División
2011-12 2º (Primera Catalana)
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Esportiu Júpiter é un club de fútbol do barrio do Poblenou da cidade de Barcelona. Fundado en 1909, é un dos históricos do fútbol catalán, que chegou a xogar en Segunda División dúas tempadas na década de 1930. Actualmente xoga na Terceira División.

Historia[editar | editar a fonte]

O Júpiter fundouse o 12 de maio de 1909 na cervecería Cebrián, no Poblenou, no local que actualmente ocupa a orchatería Tío Che. Os fundadores foron dous ingleses que entón traballaban en Poblenou (encabezados por David Mauchan), mediante a fusión de dous equipos amateurs do barrio, o Anglo-Espanyol e o Stadium Nacional. Escolleuse o nome do club nun concurso de globos que se celebrou na praia da Mar Bella. En 1912 afiliouse á Federación Catalá. As súas primeiras cores foron azul ceo e branco; máis tarde o verde e finalmente, o gris-granate actual.

Persoal de 1916

En 1917 o Júpiter proclamouse campión de Barcelona de Segunda Categoría e en 1925 foi campión de Cataluña e de España do Grupo B, equivalente á Segunda División Española actual. En 1929 o Júpiter proclámase campión de Cataluña de Segunda Categoría Preferente.

Os mellores anos do Júpiter foron na década dos 30, cando chegaron a ter 2.000 socios e competían co Barça e Espanyol no ámbito catalán. Desde o seu inicio, o Júpiter foi acompañado de connotacións políticas e o seu escudo cuadribarrado e estelado foi prohibido o ano 1924 por Primo de Rivera. O ano seguinte o club visitou ao Barça nun partido en que por mor da asubiada ao himno español, clausuráronse as actividades do camp de Les Corts.

En 1939, finalizada a Guerra Civil volveuse a prohibir o escudo do CE Júpiter e obrigóuselle a cambiar o nome polo de CD Hércules, e as cores gris e granate por verde e branco. En 1940 devólveselle o nome orixinal, pero non o escudo. En 1948 o club inaugura o campo de La Verneda, no Carrer Agricultura do barrio de Sant Martí, onde aínda xoga. O ano 1959 coa celebración das vodas de ouro do club, o equipo recupera as cores gris e granate tradicionais. Non é ata a asemblea do ano 1989 que os socios acordaron por maioría devolverlle o escudo orixinal ao club.

Na tempada 2007-2008 descendeu a 1ª Territorial. En tres tempadas o club sufriu 2 descensos.

En maio de 2009 comezan os actos do Centenario do club. O 18 de marzo de 2010 concedéuselle a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo da cidade de Barcelona.

O 16 de maio de 2010 o CE Júpiter proclámase campión do grupo II de 1ª Rexional e ascende de categoría a Rexional Preferente para a campaña 2010/2011.

O 29 de maio de 2011, tras acabar en segunda posición do grupo II de Territorial Preferente, o Júpiter ascende a Primera Catalana. Na tempada seguinte ascende á Terceira División Española. Deste xeito encadéanse tres ascensos consecutivos, un fito histórico para o club catalán.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 46 (Incluída a 2012/13)
  • Participacións na Copa do Rei: 2

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Barcelona de Segunda Categoría (1): 1917
  • Campionato de Cataluña de Segunda Categoría (5): 1916-17, 1924-25, 1927-28, 1928-29, 1936-37
  • Campionato de España de Segunda Categoría (1): 1925
  • Torneo Históricos do Fútbol Catalán (5): 1985, 1988, 1989, 1995, 2000
  • Campionato de Liga de Rexional (1): 1965
  • Finalista da Copa do Rei Xuvenil de fútbol (1): 1966
  • Campionato de Liga de Primeira Territorial (1): 2010
  • Torneo Vila de Sant Martí (2): 2007, 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]