Cleto Troncoso Pequeño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cleto Troncoso Pequeño
Nacemento16 de decembro de 1849
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento14 de marzo de 1922
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, xurista e profesor universitario
editar datos en Wikidata ]

Cleto Troncoso Pequeño, nado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 1849 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1922[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario e despois fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou en 1872. Obtivo a cátedra de Dereito Romano na Universidade de Oviedo. Permutou despois pola de Compostela, universidade da que foi secretario. Amigo de Eugenio Montero Ríos, militou con el en política. Concelleiro de Santiago en 1877, foi alcalde da cidade (1891-1895). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1899-1906) e reitor da USC (1906-1919). En 1910 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.


Predecesor:
Ramón de Andrés-García López
 
Alcalde de Santiago
 
1891 - 1895
Sucesor:
Ramón Sanjurjo Pardiñas
Predecesor:
Jacobo Gil Villanueva
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1906 - 1919
Sucesor:
Lino Torre Sánchez-Somoza

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 14-3-1922, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]