Lino Torre Sánchez-Somoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lino Torre Sánchez-Somoza
Lino Torre Sánchez-Somoza, en Vida Gallega[1]
Nacemento30 de marzo de 1866
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento7 de maio de 1921
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e xurista
PaiCasimiro Torre Castro
editar datos en Wikidata ]

Lino Torre Sánchez-Somoza, nado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1866 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 1921, foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Casimiro Torre Castro. Licenciouse en Dereito en 1887 e doutorouse ao ano seguinte. Abriu bufete e despois foi xuíz de primeira instancia. Conseguiu unha cátedra de Dereito na Universidade de Salamanca. En 1899 obtivo o traslado á cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela. Vencellado ao monterismo, Concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela, exerceu como alcalde interino a finais de 1905. Presentouse ás eleccións de 1905 no distrito de Ponte Caldelas pero foi derrotado por Fernando Roca de Togores Aguirre, marqués de Rocamora.[2] Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela por Real Orde de 16 de decembro de 1905, tomando posesión o 1 de xaneiro de 1906.[3][4] O 17 de xaneiro de 1909 presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago, por ser contrario á Lei de Descanso Dominical, enfrontándose ao gobernador civil da provincia, Felipe Crespo Lara. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1910 e volveu ser reelixido polo mesmo distrito en 1916. Foi reitor da USC (1920-1921).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida Gallega, 30-8-1921, p. 13.
  2. El Correo de Galicia, 11-9-1905, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 4-1-1906, p. 2.
  4. A administración local en Compostela na era monterista Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Margarita Barral Martínez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Eduardo Vilariño Magdalena
 
Alcalde de Santiago
 
1906 - 1909
Sucesor:
Pedro Pena Gamallo
Predecesor:
Cleto Troncoso Pequeño
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1920 - 1921
Sucesor:
Luís Blanco Rivero