Conversa:Cleto Troncoso Pequeño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Temos aquí un problema de datas que converten a sucesión deste alcalde nun bucle. Di o cadro de sucesión, e mailo texto, que foi alcalde entre 1891 e 1895, e que foi sucedido por Ramón Sanjurjo Pardiñas. No artigo deste Ramón dicimos que foi alcalde entre 1887 e 1891, co que xa non nos coinciden as datas (se Cleto cesou como alcalde en 1895, ¿como vai ser sucedido por Ramón en 1887?). Sigo: O tal Ramón foi sucedido por Ramón de Andrés-García López, que só foi alcalde o ano 1891 e foi sucedido ... por Cleto Troncoso Pequeño, con quen volvemos ó principio nun bucle infinito. Espero terme explicado e que alguén poida desfacer o erro, que eu non teño ningunha información para ver onde está. Aínda máis: nunha páxina da USC sobre Eugenio Montero Ríos di que o tal Cleto era alcalde en 1905. Pedro --Lameiro (conversa) 11 de outubro de 2021 ás 22:26 (UTC)[responder]

@Lameiro No artigo de Ramón Sanjurjo Pardiñas dise que foi alcalde de Compostela en dúas ocasións: a primeira entre 1887 e 1891 e a segunda, na que sucedeu a Cleto Troncoso, de 1895 a 1903. Logo non hai bucle. Vou revisar a info da USC sobre Cleto Troncoso alcalde en 1905. Xas (conversa) 12 de outubro de 2021 ás 08:26 (UTC)[responder]
Nas informacións de prensa que consultei aparece como alcalde de Compostela en 1905 Eduardo Vilariño Magdalena, ainda que tamén se di que funcionaba como alcalde interino, polo menos dende o verán, Lino Torre Sánchez-Somoza. Xas (conversa) 12 de outubro de 2021 ás 10:27 (UTC)[responder]

@Xas O dato de que Cleto Troncoro era alcalde en 1905 saqueino de aquí, na sección "O monumento de Monteiro Ríos": " Foi precisamente un catedrático, Cleto Troncoso, entón alcalde de Santiago, quen en 1905, sendo Montero presidente do Goberno, promove que se lle faga un monumento (M. Barral, 2007, 348-375)". Canto ó do bucle, dígoo ó ir clicando no cadro de sucesión dun ó seguinte. E, en todo caso, si se trata de dous períodos na alcaldía, sigo vendo un erro na información. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de outubro de 2021 ás 18:50 (UTC)[responder]