Saltar ao contido

Claudio Guerín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClaudio Guerín
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de altura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, guión cinematográfico e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, guionista, guionista de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0346359 Allocine: 26650 Allmovie: p94363 BNE: XX1672522 Editar o valor en Wikidata

Claudio Guerín Hill, nado en Sevilla en 1939 e finado en Noia o 16 de febreiro de 1973,[1] foi un produtor, guionista e director de cinema español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación académica

[editar | editar a fonte]

Guerín pasou a súa infancia e adolescencia en Alcalá de Guadaíra, Sevilla. Formouse na Escola Oficial de Cinema, en Madrid, onde salientou como un alumno brillante obtendo a titulación oficial de dirección de cinema.[2] Durante a súa etapa de formación na escola colaborou na revista Nuestro Cine, de orientación marxista, e comezou unha relación sentimental coa daquela compañeira de estudos Pilar Miró.[3] Como proxecto de fin de carreira, Guerin dirixiu (coas futuras directoras Josefina Molina e Pilar Miró como axudante de dirección e script, respectivamente) unha mediometraxe titulada Luciano, un relato de crimes inspirado nun suceso real e co que obtería a titulación oficial.[4]

Carreira cinematográfica

[editar | editar a fonte]

En 1968 realiza o filme Los desafíos producido por Elías Querejeta. A cinta é un drama de 102 minutos de duración onde se mostran tres distintas formas de ver e de expresar como unha situación que parece normal remata desembocando inexorablemente nun estalido de violencia. Un pai que teme perder á súa filla. Un marido que se sente enganado. Un viaxeiro que decide que a súa viaxe e a dos seus compañeiros non ten por que continuar. Con Paco Rabal, Alfredo Mayo e Ismael Merlo, entre outros.[5]

En 1971 dirixe un drama con produción hispano-italiana, La casa de las palomas, coas actrices Ornella Muti e Lucía Bosé.[6]

No ano 1973 produciu e dirixiu o que sería o seu derradeiro filme, unha coprodución hispano-francesa La campana del infierno (La cloche de l'enfer en Francia), do xénero de terror. Narra como un interno do asilo (Renaud Verley) castiga a súa tía (Viveca Lindfors) e as súas tres fillas, con abellas e ganchos. Conta coa participación de Alfredo Mayo entre outros.[7][8]

En 2018, o cineasta andaluz Jesús Ponce dirixiu o documental titulado La última toma sobre a súa figura, no cal entrevista a múltiples actores e técnicos relacionados coa súa obra.[9]

Fachada da igrexa de San Martiño de Noia.

Morreu nun accidente durante a rodaxe de La campana del infierno. Na igrexa de San Martiño de Noia construíuse unha segunda torre-campanario, unida á real por un pasadizo de madeira. Preparando un plano complicado, Guerín quixo saltar dende o pasadizo a un beiril da igrexa, pero perdeu o equilibrio e caeu ao baleiro dende vinte metros de altura; morreu antes de chegar ao hospital. Juan Antonio Bardem completou a filmación da última secuencia que faltaba.[10]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Luciano (1965)
  • Los desafíos (1969)
  • La casa de las palomas (1972)
  • La campana del infierno (1973)

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
Festival Internacional de Cine de Donostia
Ano Categoría Filme Resultado
1969[11] Cuncha de Prata á mellor dirección Los desafíos Gañador
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[12]
Ano Categoría Filme Resultado
1969 Mellor guión Los desafíos Gañador
  1. Nova do traslado a Madrid dos restos mortais de Claudio Guerín en ABC de Sevilla, 18 de febreiro de 1973 [1].
  2. Galán, Diego (2006). Pilar Miró: nadie me enseñó a vivir. Plaza & Janés. pp. 60–61. ISBN 978-84-01-37961-1. 
  3. Galán, Diego. Ibídem. p. 61. 
  4. Galán, Diego. Ibídem. p. 64. 
  5. Ficha de Los desafíos en inglés e en español Arquivado 10 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. en Internet Movie Database.
  6. Ficha de La casa de las palomas en inglés e en español Arquivado 14 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en Internet Movie Database.
  7. Ficha de La campana del infierno en inglés e en español Arquivado 06 de maio de 2011 en Wayback Machine. en Internet Movie Database.
  8. "Claudio Guerin, un gran cineasta español". El País. 13 de febreiro de 1982. 
  9. "La última toma". Premios Goya. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  10. Manuel Rojas: Arte fotográfico (1977), citado en "Claudio Guerin Hill se mató en Noia en 1973". La voz de Galicia. 3 de abril de 2010. 
  11. Premios del 1969 na web do Festival de San Sebastián
  12. "Premios del CEC a la producción española de 1969". CEC. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • UTRERA, Rafael, Claudio Guerin Hill: obra audiovisual, radio, prensa, televisión, cine, Sevilla, 1991.