Clarens, Suíza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°26′31.2″N 6°53′38.4″L / 46.442000, -6.894000

Clarens, Suíza
RoyLindmanClarensSwitzerland 005.jpg
Vista de Clarens e a súa montaña.
Localización
Clarens en Suíza
Clarens
Clarens
PaísSuíza Suíza
CantónVaud
ConcelloMontreux
Xeografía
Altitude380 msnm
Demografía
Poboación8.617

Clarens é unha pequena vila do concello de Montreux, no cantón de Vaud (Suíza).

Clarens fíxose famosa en Europa polo grande éxito do libro La Nouvelle Héloïse de Jean-Jacques Rousseau.

En Clarens, o compositor ruso Igor Stravinskii escribiu os seus ballets Le Sacre du printemps e Pulcinella, e en marzo de 1878, Tchaikovski o seu Concerto para violín.

Paul Kruger, heroe da independencia de Suráfrica do Reino Unido, morreu nesta localidade. Por este motivo, unha vila de Suráfrica recibiu o seu mesmo nome.

O anarquista e xeógrafo Élisée Reclus residiu en Clarens.

O escritor Vladimir Nabokov está enterrado na vila.

O escritor, diplomático e parlamentario escocés do século XIX David Urquhart de Braelangwell, que introduciu o baño turco no Reino Unido, está enterrado en Clarens.[1]

Clarens conta cunha estación ferroviaria na que fan parada trens de proximidades da rede 'RER Vaud'.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robinson, Gertrude (1920) David Urquhart: Some Chapters in the Life of a Victorian Knight-Errant of Justice and Liberty.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]