Claire Denis
Claire Denis | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de abril de 1946 |
Lugar de nacemento | París |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Institut des Hautes Études Cinématographiques e La Fémis |
Ocupación | actriz, directora de cine, guionista e profesora universitaria |
Premios | Berliner Kunstpreis e Commandeur des Arts et des Lettres |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Claire Denis, nada en París o 21 de abril de 1948, é unha directora de cinema francesa e profesora do European Graduate School en Saas-Fee, Suíza.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Denis naceu en París, e creceu en diferentes colonias francesas (Burkina Faso, Somalia, o Senegal e o Camerún), onde o seu pai foi funcionario público.[2]
Estudou economía, pero abandonou a carreira. Logo asistiu ó IDHEC, a escola de cinema francesa. Logo de graduarse, traballou como asistente de Jacques Rivette, Costa-Gavras, Jim Jarmusch e Wim Wenders. Dende 2002, Claire Denis é profesora de cinema na Escola Europea de Graduados en Saas-Fee, Suíza.
O seu debut foi no filme Chocolat (1988), unha reflexión semi-autobiográfica sobre o colonialismo africano, que lle valeu a aclamación da crítica. Con filmes como US Go Home (1994), Nénette et Boni (1996), Beau travail (1999), Trouble Every Day (2001) e Vendredi soir (2002), estabeleceu unha reputación como realizadora, que «puido reconciliar a lírica do cinema francés co impulso por capturar a, a miúdo, dura cara da Francia contemporánea».[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Claire Denis Faculty Page at European Graduate School (Biography, bibliography and video lectures)". European Graduate School. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Hermione Eyre, "Claire Denis on filmmaking and feminism Arquivado 03 de xullo de 2011 en Wayback Machine.," Prospect, 21 de xuño de 2010.
- ↑ Taylor, Charles. "Beau Travail". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claire Denis ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Claire Denis na IMDb (en inglés).