Clásicos Xuntanza
Aparencia
Clásicos Xuntanza é unha colección de libros editados entre 1999 e o 2001 por Xuntanza Editorial, da Laracha, con José Raúl Seoane Prieto como editor. Incluía obras clásicas da literatura traducidas ao galego. Estaba subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Política lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Descrición
[editar | editar a fonte]A colección completa ten o ISBN 84-86614-86-4. Foi impresa por IMAGRAF en Santiago. Os volumes foron editados en rústica de 120 x 210 mm. As cubertas son de cor negra, con rótulos de autor e título en branco e unha imaxe do autor na portada.
Títulos
[editar | editar a fonte]Publicáronse 13 títulos.
Nº | Título | Contido | Autor | Lingua orixinal |
Tradutor | Páxinas | ISBN |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Diálogos | Platón: datos biográficos, Apoloxía de Sócrates, Gorxias, Banquete, Fedón, Fedro |
Platón | Grego | Xurxo Sierra Veloso | 189 p. | ISBN 84-86614-92-9 |
2 | A República | Introdución e Libros VII-X da República | Platón | Grego | Xurxo Sierra Veloso e X. C. Rodríguez Pérez |
117 p. | ISBN 84-86614-93-7 |
3 | O arte da persuasión ou como convencer coa palabra [sic] |
Introdución e Libro II da Retórica | Aristóteles | Grego | Manuel Quintáns Suárez | 106 p. | ISBN 84-86614-94-5 |
4 | Edipo Rei | Introdución e a traxedia Edipo Rei | Sófocles | Grego | María Fe González Fernández | 96 p. | ISBN 84-86614-90-2 |
5 | Electra | Introdución e a traxedia Electra | Sófocles | Grego | José Antonio Rodríguez Blanco | 94 p. | ISBN 84-86614-89-9 |
6 | O asno de ouro | Introdución, O autor de "O Asno de Ouro", O Asno de Ouro, Psique e Cupido (artigo), Criterios de edición, Historia de "Psique e Cupido", Limiar, Psique e Cupido (obra de Apuleio), Epílogo, Nota bibliográfica |
Apuleio | Grego | Manuel Quintáns Suárez | 141 p. | ISBN 84-86614-95-3 |
7 | Fábulas completas de Esopo e Barrio | Fábulas de Esopo, Vida de Esopo, Fábulas de Barrio | Esopo, Barrio | Grego | Xoan Carlos Domínguez Alberte | 379 p. | ISBN 84-86614-87-2 |
8 | Traxedias completas | Introdución, Agamenón, As Coéforas, As Euménides, Os Persas, Prometeo Agrilloado, Os Suplicantes, Os Sete contra Tebas |
Esquilo | Grego | Xoan Carlos Rodríguez Pérez | 333 p. | ISBN 84-86614-88-0 |
9 | Comedias | Introdución, Aristófanes, As Avespas, Lisístrata | Aristófanes | Grego | M.ª Teresa Montagudo Cabaleiro | 117 p. | ISBN 84-86614-91-0 |
10 | O contrato social | Arredor de Rousseau e o Contrato Social | Rousseau | Francés | Rebeca Quintáns López | 189 p. | ISBN 84-86614-96-1 |
11 | Diálogos | Introdución, Vida e obras, A doutrina de Platón, Análise da obra: O banquete ; O Fedón ; O Fedro, Os diálogos ; O banquete ; Fedón ; Fedro |
Platón | Grego | Xurxo Sierra Veloso | 307 p. | ISBN 84-86614-97-X |
12 | Arte de amar | Ovidio | Grego | Xoan Carlos Domínguez Alberte | 123 p. | ISBN 84-86614-98-8 | |
13 | Catilinarias. Tratados das leis | Cicerón | Latín | 151 p. | ISBN 84-95586-02-9 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Clásicos en Galego
- Clásicos do Pensamento Universal
- Biblioteca Galega de Clásicos Universais
- Biblioteca da Tradución Galega