Cirurxía reconstrutiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamas despois dunha dupla mastectomía, seguida dunha reconstrución mamaria con implantes.

A cirurxía reconstrutiva ou reparadora é unha das grandes áreas da cirurxía plástica, aínda que estas técnicas son realizadas así mesmo por outros especialistas: cirurxiáns plásticos, otorrinolaringólogos, cirurxiáns maxilofaciais, oftalmólogos especialistas en cirurxía oculoplástica, cirurxiáns ortopédicos e traumatólogos, urólogos, xinecólogos, en función da rexión anatómica e da patoloxía que se trate.

Adoitan agruparse nos tratados de cirurxía reconstrutiva en capítulos de:

  1. tratamento das queimaduras e cirurxía plástica das súas secuelas;
  2. cirurxía plástica de membros e mans;
  3. cirurxía plástica infantil;
  4. cirurxía maxilofacial;
  5. cirurxía plástica oncolóxica.[1]

Notas[editar | editar a fonte]