Cimbra
A cimbra é unha estrutura auxiliar que serve para soportar provisionalmente o peso dun arco ou bóveda, así como doutras obras de cantería, durante a fase de construción. Adoita ser unha cercha de madeira. Esta estrutura, unha vez ensambladas as doelas e a doela clave, desmóntase nunha operación denominada descimbrado.
Características
[editar | editar a fonte]Durante o proceso de construción de arcos e bóvedas, utilízanse para suxeitar as doelas até o momento do seu remate, momento no que se coloca a clave.
Tamén se denomina cimbra á curvatura interior (ou intradorso) dun arco ou dunha bóveda. Na construción e deseño de arcos adoita evitarse o seu uso debido ao aumento do custo da súa construción. Normalmente encárgase a carpinteiros especializados
Nalgúns países de fala hispana de América tamén se utiliza o termo cimbra para designar os encofrados, pola semellanza de funcións con estes e, especialmente, cando se trata de estruturas auxiliares de grandes arcos de formigón en pontes.
Tipos de cimbra
[editar | editar a fonte]- Cimbra corrediza. A que se corre cambiándoa de sitio.
- Cimbra de tendido. A empregada nas galerías de mina formada por unha camada horizontal de estemples sobre os cales se colocan os cascallos.
- Cimbra fixa. A que ten un ou máis apoios no espazo ou cravo que hai entre os estribos ou pilas da bóveda.
- Cimbra mixta. A que sendo na súa forma ou armazón xeral recollida, recibe logo os puntos de apoio intermedios aos contrafortes como as fixas.
- Cimbra peraltada. Aquela cuxo eixo é superior á metade da corda do arco que a forma.
- Cimbra rebaixada. Aquela en que a altura do eixo é menor que a metade da corda do arco.
- Cimbra flexible ou recollida. A que non ten apoio algún intermedio e só vai a apoiada nas fábricas dos contrafortes ou piares.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cimbra |