Saltar ao contido

Cascallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cascallos.
Para cascallo como material granular, véxase grava.

Denomínase cascallo[1] ao fragmento ou resto de material que provén do refugallo da construción, remodelación ou demolición de estruturas.

Tipos de cascallo

[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de cascallos:

  • os refugallos (fragmentos) de elementos prefabricados, como materiais de cerámica, bloques de cemento, demolicións localizadas etc.
  • os refugallos (restos) de materiais elaborados na obra, como formigón e morteiros, que conteñen cemento, cal, area e pedra.

Os cascallos de construción compóñense de restos e anacos de materiais, mentres os de demolición están formados practicamente só por fragmentos, tendo por iso maior potencial cualitativo comparativamente cos cascallos de construción.

Máquina trituradora de cascallos

[editar | editar a fonte]
Esquema do principio de funcionamento da trituradora de mandíbula.

Trituradora fixa

[editar | editar a fonte]
  • Trituración primaria: trituradora de mandíbulas
  • Trituración secundaria: trituradora de impacto
  • Trituración terciaria: trituradora de cono[2]

Trituradoras móbiles

[editar | editar a fonte]
  • Trituración primaria: trituradora móbil de mandíbulas
  • Trituración secundaria: trituradora móbil de impacto
  • Trituración terciaria: trituradora móbil de cono
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cascallo.
  2. "Maquina trituradora de escombros". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2018.