Intradorso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun arco 1. Clave 2. Doela 3. Extradorso 4. Imposta 5. Intradorso 6. Frecha 7. Luz, Van
Intradorso policromado do arco de ferradura da Igrexa de Santa Comba de Bande, en Ourense.

O intradorso[1] (do latín intra, dentro e dorsum, dorso), é un termo arquitectónico que designa á superficie interior, cóncava e inferior dun arco, bóveda ou doela, ou a cara dunha doela que corresponde a esta superficie.

En termos de aeronaútica pode referirse á parte inferior dunha á.

Contraponse coa voz extradorso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]