Cidades metropolitanas de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
As 14 cidades metropolitanas de Italia.

As cidades metropolitanas (en italiano: città metropolitane) son 14 entes administrativos territoriais italianos,[1] previstos polo artigo 114 da Constitución da República Italiana.[2]

Están en funcionamento desde o 1 de xaneiro de 2015.

Esta institución supón a oficialización da máis informal denominación de área metropolitana, para dotalas das competencias propias das ex provincias respectivas.

Historia[editar | editar a fonte]

A lei orixinaria de 1990 identificaba como cidades metropolitanas as comunas de Turín, Milán, Venecia, Xénova, Boloña, Florencia, Roma, Bari, Nápoles e as súas respectivas terras circundantes, reservando ás rexións autónomas o dereito de concretar as cidades metropolitanas no seu territorio.[3] En 2009, unha emenda engadiu a Reggio de Calabria á lista.[4] As ciddes metropolitanas designadas polas rexións autónomas son: Cagliari, en Sardeña, e Catania, Messina e Palermo en Sicilia.

O 3 de abril de 2014 o Parlamento italiano aprobou unha lei que establecía 10 cidades metropolitanas en Italia.[5] excluído as das comunidades autónomas (estas catro engadíronse máis tarde).

As novas cidades metropolitanas funcionan desde o 1 de xaneiro de 2015.

Órganos de goberno[editar | editar a fonte]

A cidade metropolitana comprende tres institucións gobernativas:

  • O Alcalde metropolitano.
  • O Consello metropolitano.
  • A Conferencia metropolitana.

A cidade metropolitana está composta polos municipios (comuni) da cidade metropolitana (ex provincia). Cada cidade metropolitana está encabezada por un alcalde metropolitano (sindaco metropolitano), a quen asiste un corpo lexislativo, o Consello metropolitano (Consiglio metropolitano) e unha asemblea non lexislativa, a Conferencia metropolitana (Conferencia metropolitana). Os membros do Consello metropolitano son elixidos polos alcaldes e concelleiros de cada municipio da cidade metropolitana. O alcalde metropolitano é elixido en eleccións nas que participan todos os habitantes da cidade metropolitana. A Conferencia metropolitana está composta polos alcaldes dos municipios da capital metropolitana.[6]

Funcións e atribucións[editar | editar a fonte]

O artigo 18, parágrafo 7 da lei do 6 de xullo de 2012, nº 95, atribúe á cidade metropolitana:

  1. As funcións fundamentais das provincias suprimidas.
  2. As seguientes funcións fundamentais:
    1. A planificación territorial e das redes de infraestruturas.
    2. A estruturación do sistema coordinado de xestión dos servizos públicos, así como a organización dos servizos públicos de interese xeral de ámbito metropolitano.
    3. A mobilidade e o tráfico.
    4. A promoción e coordinación do gasto público e social.
  3. O patrimonio e os recursos humanos e intrumentais da provincia suprimida, dos cales a cidade metropolitana sucede a título universal en todos os activos e pasivos adscritos.
  4. Os recursos financeiros referidos aos artigos 23 e 24 da lei de 6 de maio de 2011.

Cidades metropolitanas[editar | editar a fonte]

Cidades metropolitanas e as súas delimitaciónes previstas polo ordeamento xurídico nacional,[7] e rexiónes con estatuto especial.[8][9]

Cidade metropolitana Delimitación teritorial Poboación
(habitantes)[10]
Superficie (km2) Densidade de poboación (hab./km2)
1 Roma Capital ex Provincia de Roma 4 336 915 5 352 807
2 Milán ex Provincia de Milán 3 190 340 1 575 2 016
3 Nápoles ex Provincia de Nápoles 3 128 702 1 171 2 670
4 Turín ex Provincia de Turín 2 293 340 6 829 336
5 Palermo ex Provincia de Palermo 1 300 000 5 009 254
6 Bari ex Provincia de Bari 1 261 004 3 821 329
7 Catania ex Provincia de Catania 1 192 891 3 852 309
8 Florencia ex Provincia de Florencia 1 002 831 3 514 285
9 Boloña ex Provincia de Boloña 1 007 435 3 514 286
10 Xénova ex Provincia de Xénova 864 008 1 839 472
11 Venecia ex Provincia de Venecia 858 455 2 462 348
12 Messina ex Provincia de Messina 647 477 3 266 198
13 Reggio de Calabria ex Provincia de Reggio Calabria 558 959 3 183 175
14 Cagliari 17 municipios
da ex Provincia de Cagliari
431 302 1 248 345

Localización das cidades metropolitanas dentro das súas rexións respectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Città metropolitane en Biblioteca Nazionale Centrale Firenze.
  2. «La Repubblica è costituita dai Comuni, dalle Province, dalle Città metropolitane, dalle Regioni e dallo Stato». (A República está constituída polos municipios, as provincias, as cidades metropolitanas, as rexións e polo estado).
  3. Lei de 8 de xuño de 1990, nº 142.
  4. Lei de 5 de maio de 2009, nº 42. Arquivado 2011-09-27 en Wayback Machine.
  5. Addio vecchie provice.
  6. Città metropolitane. I nuovi organi.
  7. Comunicato di Palazzo Chigi, 5 luglio 2012
  8. Disposizioni in materia di liberi Consorzi comunali e Città metropolitane (Legge 4 agosto 2015, nº 15)
  9. Riordino del sistema delle autonomie locali della Sardegna (Legge Regionale 4 febbraio 2016, nº 2).
  10. Datos de 2014 do ISTAT.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]