Christian Otto Mohr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christian Otto Mohr
Nacemento8 de outubro de 1835
Lugar de nacementoWesselburen
Falecemento2 de outubro de 1918
Lugar de falecementoDresden
SoterradoJohannisfriedhof
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Hanover
Ocupaciónenxeñeiro civil, enxeñeiro, profesor universitario e matemático
FillosErnst Mohr
PremiosOrdem de Alberto Valoroso Rei de Saxónia e Knight Commander of the Order of Albrecht the Bold
editar datos en Wikidata ]
Christian Otto Mohr.

Christian Otto Mohr, nado en Wesselburen o 8 de outubro de 1835 e finado en Dresde o 2 de outubro de 1918, foi un enxeñeiro civil alemán, un dos máis celebrados do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mohr pertenceu a unha familia terratenente de Wesselburen na rexión de Holstein e estudou na Escola Politécnica de Hannover. A comezos de 1855, durante os primeiros anos da súa vida laboral estivo traballando no deseño de vías de ferrocarril para as vías dos estados de Hannover e Oldenburg na actual Baixa Saxonia, deseñando algunhas pontes famosas e creando algún dos primeiros armados de aceiro.

Aínda nos seus primeiros anos construíndo vías de tren, Mohr sentíase moi interesado polas teorías de mecánica e a resistencia de materiais e no 1867, fíxose mestre de mecánica no Politécnico de Stuttgart e no 1873 no Politécnico de Dresde. Mohr tiña un estilo directo e sinxelo que era moi popular entre os seus estudantes. Retirouse en 1900.

Logros científicos[editar | editar a fonte]

En 1874, formalizou, a até entón só intuitiva, idea dunha estrutura estaticamente indeterminada (hiperestática).

Mohr foi un entusiasta das ferramentas gráficas e desenvolveu un método para representar de xeito visual as tensións en tres dimensións, previamente proposto por Carl Culmann. En 1882 desenvolveu o método gráfico en dúas dimensións para a análise do tensor de tensións, coñecido coma círculo de Mohr e o usou para propor a nova teoría de resistencia de materiais, baseada no esforzo cortante. Tamén desenvolveu o diagrama Williot-Mohr para o desprazamento de armaduras e a teoría de Maxwell-Mohr para a análise de estruturas estaticamente indeterminadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]