Chris Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chris Johnson
Axente libre
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1985 (38 anos)
Washington, D.C.
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Colonial Beach HS (Westmoreland County, Virginia)
Laurinburg Institute (Laurinburg, North Carolina)
Universidade LSU (2005–2009)
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Aliağa Petkim (Turquía) (2009)
Turów Zgorzelec (Polonia) (2009)
Dakota Wizards (NBA D-League) (2010-2011)
Portland Trail Blazers (2011)
Boston Celtics (2011)
Portland Trail Blazers (2011-2012)
New Orleans Hornets (2012)
Santa Cruz Warriors (NBA D-League) (2012-2013)
Minnesota Timberwolves (2013)
Información en nba.com

Chris Johnson, nado o 15 de xullo de 1985 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2010, asinou un contrato co Turów Zgorzelec de Polonia.[1] En xaneiro de 2011, Johnson foi chamado polos Portland Trail Blazers dos Dakota Wizards da NBA Development League, cun contrato de 10 días.

En febreiro de 2011, Johnson foi despedido polos Blazers tras o seu contrato de dez días, e volveu aos Wizards da D-League. Máis tarde, nese mesmo mes, Johnson asinou un contrato de 10 días cos Boston Celtics para ocupar a praza do equipo que deixou o traspasado Kendrick Perkins.[2] Tras o remate dese contrato, Johnson volveu de novo a Dakota en marzo, e os Trail Blazers lle ofreceron un contrato para o resto da tempada 2010-11.

O 15 de marzo de 2012, foi cortado polos Blazers.[3] Pouco máis tarde, asinou polos New Orleans Hornets.[4] No mes de abril foi cortado polos Hornets.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chris Johnson nowym zawodnikiem PGE Turowa". 07 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2011. 
  2. C's ink Johnson to 10-day contract
  3. "TRAIL BLAZERS ACQUIRE MEHMET OKUR, SHAWNE WILLIAMS, AND 2012 FIRST ROUND DRAFT PICK FROM NEW JERSEY". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  4. Hornets Claim Chris Johnson Off Waivers
  5. "New Orleans Hornets sign center Darryl Watkins to 10-day contract | NOLA.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 20 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]