Choque de Charkhi Dadri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Choque de Charkhi Dadri
Boeing 747-168B, Saudia - Saudi Arabian Airlines AN0217717.jpg
Un Boeing 747-100B de Saudia
semellante ao involucrado no accidente.
Resumo
Data  12 de novembro de 1996
Causa 
Lugar  Charkhi Dadri, India
Finados  349 (todos)
Primeira aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-100B
Operador  Saudi Arabian Airlines
Rexistro  HZ-AIH
Segunda aeronave
Tipo de aeronave Ilyushin Il-76
Operador  Kazakhstan Airlines
Rexistro  UN-76435
Pasaxeiros  27
Tripulación  10
Superviventes 

O choque de Charkhi Dadri ocorreu o 12 de novembro de 1996 sobre a vila de Charkhi Dadri, ao oeste de Nova Delhi, India. Os avións involucrados foron un Boeing 747-100B de Saudi Arabian Airlines en ruta de Nova Delhi cara Dhahran, Arabia Saudita, e un Ilyushin Il-76 de Kazakhstan Airlines en ruta de Shymkent, Casaquistán, cara Nova Delhi. O choque matou á 349 persoas a bordo dos dous avións, sendo a colisión no aire con máis mortos, o peor accidente de aviación ocorrido na India, e o terceiro con máis mortos das historia da aviación tras o accidente de Los Rodeos e o voo 123 de Japan Airlines.

O accidente[editar | editar a fonte]

O Boeing 747-168B de Saudi Arabian Airlines, con rexistro HZ-AIH, estaba operando o voo 763 (SVA763) dende Delhi ata Dhahran e Jeddah, con 312 ocupantes a bordo; o Ilyushin Il-76TD de Kazakhstan Airlines, con rexistro UN-76435, estaba nun servizo chárter dende Chimkent ata Delhi co código KZA1907. O SVA763 deixou Nova Delhi ás 18:32 hora local. Na mesma hora o KZA1907 estaa descendendo para aterrar en Nova Delhi. Ámbolos dous avións estaban sendo controlados polo control de aproximación VK Dutta. A tripulacion do SVA763 estaba formada polo capitán Captain Khalid Al Shubaily, o primeiro oficial Nazir Khan, e o enxeñero de voo Edris Arabia. No KZA1907 Gennadi Cherepanov era o pioto e Igor Repp o operador de radio.

O KZA1907 foi autorizado a descender a 15.000 pés (4.600 m) cando estaba a 74 millas (119 km) do aeroporto, mentres que o SVA763, viaxando pola mesma aerovía que o KZA1907 pero en dirección contraria, foi autorizado a subir ata os 14.000 pés (4.300 m). Uns 8 minutos despois, ao redor das 18:40, o KZA1907 informou de que alcanzara a altura asignada de 15.000 pés, pero realmente estaba máis baixo, a 14.500 pés (4.400 m), e aínda desendendo. Ao mesmo tempo, Dutta aconsellou ao voo, "tráfico identificado ás 12, Boeing 747 de Saudia recíproco, 10 milles (16 km). Informe cando o vexa".

Cando o controlador chamou novamente ao KZA1907 non recibiu resposta. Advertiu da distancia ao outro avión, pero xa era demasiado tarde. Os dous avións chocaran, a cola do KZA1907 cortou a á e o estabilizador horizontal esquerdos do SVA763. O danado Boeing perdou rapidamente o control e descendeu nunha espiral cara o chan con lume saído da á. O Boeing desintegrouse no aire debido ás tensións antes de que os restos golpeasen o chan a case 1.135 km/h. O Ilyushin mantívose estruturalmente intacto, pero entrou nun rápido e incontrolado descenso ata que se estrellou nun campo. Os resatadores atoparon a catro supervivintes en estado crítico no Ilyushin, pero todos morrerían pouco despois. Dous pasaxeiros do voo saudita sobreviviron ao accidente, aínda abrochados aos seus asentos, pero morrerían por feridas internas ao pouco tempo. Como resultado, os 312 ocupantes do SVA763 e os 37 do KZA1907 morrerían.