Angeline Stickney
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Chloe Angeline Stickney 1 de novembro de 1830 |
Morte | 3 de xullo de 1892 (61 anos) North Andover, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | New-York Central College, McGrawville (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Ocupación | matemática, sufraxista |
Familia | |
Cónxuxe | Asaph Hall (1856–valor descoñecido) |
Fillos | Asaph Hall Jr., Percival Hall |
Chloe Angeline Stickney Hall, nada o 1 de novembro de 1830 e finada en North Andover (Massachusetts) o 3 de xullo de 1892 foi unha sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense, esposa do astrónomo Asaph Hall. Non empregou o seu primeiro nome, polo que foi coñecida como Angeline Stickney Hall.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Angeline era filla Theophilus Stickney e Electa Cook.
Aínda que de familia pobre, Angeline Stickney foi capaz de asistir á Universidade Central en McGraw, Nova York coa axuda da súa irmá Ruth e por ensinar na universidade. Diplomouse en ciencias e matemáticas, facendo cursos de cálculo e astronomía matemática. A universidade central era unha escola progresiva onde estudantes con poucos medios, incluíndo mulleres e afroamericanos libres, podería lograr un grao universitario. Aí foi onde se volveu unha defensora apaixonda do sufraxio feminino e da supresión da escravitude.
Angeline Stickney e Asaph Hall coñecéronse na universidade. Stickney era dous anos máis vella que Hall[1] e era a súa instrutora en xeometría e alemán.[2] Durante os seus días xuntos como profesor e estudante, Hall e os seus compañeiros propuñan cuestións e problemas que pensaban que Stickney non podería solucionar, mais ela nunca fallou nas solucións.[3]
Stickney e Hall casaron en Elkhorn, Wisconsin o 31 de marzo de 1856. Inmediatamente após o casamento, a parella mudouse a Ann Arbor de modo que Hall puidese continuar a súa educación. Tres meses máis tarde, marcharon a Shalersville, Ohio.[2]
Stickney animouno a continuar a súa busca de satélites de Marte cando estaba a punto de abandonala, e finalmente logrou o éxito descubrindo Fobos e Deimos.[4]
O cráter máis grande de Phobos, o cráter Stickney, recibe o seu nome por ela.[4]
Morreu en North Andover, Massachusetts aos 61 anos.
Familia
[editar | editar a fonte]Stickney educou na casa os seus catro fillos e todos asistiron á Universidade Harvard. O seu terceiro fillo, Angelo Hall, ministro unitario, escribiu a súa biografía. O seu fillo máis vello, Asaph Hall, Jr., naceu o 6 de outubro de 1859 e chegou a ser director do observatorio de Detroit entre 1892 a 1905. Os outros fillos foron Samuel (segundo fillo) e Percival (cuarto); Percival Hall (1872–1953) foi o segundo presidente de Universidade Gallaudet entre 1910 e 1946.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dick, Steven J. (2003-01-01). Sky and Ocean Joined: The US Naval Observatory 1830-2000 (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521815994.
- ↑ 2,0 2,1 Whitesell, Patricia S. "Detroit Observatory: nineteenth-century training ground for astronomers" (PDF). Journal of Astronomical History and Heritage 6 (2): 69–106. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-12-2005. Consultado o 19-5-2014.
- ↑ "Famous wife Hall". maia.usno.navy.mil. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2012. Consultado o 12-11-2016.
- ↑ 4,0 4,1 Rothery, David A. (2015-11-26). Moons: A Very Short Introduction (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780191054211.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Chloe Angeline Stickney Hall". The Contributions of Women to the United States Naval Observatory: The Early Years. United States Naval Observatory. 14 November 2011. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2012. Consultado o 19-5-2014.
- Hall, Angelo. An Astronomer's Wife: The Biography of Angeline Hall. Baltimore: Nunn & Company, 1908. (Este libro está no dominio público nos Estados Unidos; pódese atopar en archive.org.)