Chiqui Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chiqui Fernández
Nome completoCarmen Fernández
Nacemento27 de xuño de 1969 (50 anos)
LugarMadrid, España España
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Carmen Fernández, nada en Madrid o 27 de xuño de 1969, coñecida artisticamente como Chiqui Fernández, é unha actriz española.

Biografía[editar | editar a fonte]

En televisión deuse a coñecer no ano 2001 a raíz dun papel secundario na serie Periodistas.

Máis tarde ficharía por Un paso adelante, onde estivo as últimas tempadas interpretando o papel de Puri, ademais de colaborar con personaxes episódicos noutras producións como Hermanas, Hospital Central e Un lugar en el mundo".

En 2005, e pouco logo de dar a luz ao seu primeiro fillo, grava a serie Mujeres ás ordes de Félix Sabroso e Dunia Ayaso, o seu primeiro papel como actriz protagonista. Nun principio, Televisión Española descartou a emisión da serie, que finalmente viuse un ano despois (último trimestre de 2006) na segunda cadea pública conseguindo uns máis que aceptables resultados de audiencia respecto da media de La 2 e tamén excelentes críticas.

En cine destacan as súas participacións con pequenos papeis en cintas como Flores de otro mundo (Icíar Bollaín) ou Plenilunio (Imanol Uribe). Varios curtos completan a súa filmografía.

En 2003 recibiu o premio da Unión de Actores á mellor actriz de repartimento por Periodistas. En 2007 fíxose co mesmo premio, esta vez na categoría de actriz protagonista de televisión, polo seu traballo en Mujeres.

En agosto de 2007 comezou a rodaxe doutra serie televisiva, a comedia La familia Mata, protagonizada por Elena Ballesteros e Daniel Guzmán e emitida por Antena 3.

Desde o 11 de setembro de 2011 estréase Cheers é a versión española, da que forma parte co papel de Dolores "Lola" Mendoza, emitida por Telecinco.

Cine[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • ¡Manos quietas! (2010)
  • Hombres, mujeres y punto (2005)
  • Cuento de invierno, de Juan Pastor (2001)
  • Pareja abierta, de Darío Fo y Franca Rame (1998)
  • La maja de Goya, de Vicente Escribá (1996)
  • La Regenta (2012)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]