Chicken Run 2: O amencer dos nuggets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chicken Run 2: O amencer dos nuggets
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalChicken Run: Dawn of the Nugget
DirectorSam Fell
Produtor
  • Steve Pegram
  • Leyla Hobart
Guión
Intérpretes
MúsicaHarry Gregson-Williams
FotografíaCharles Copping
MontaxeStephen Perkins
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea14 de outubro de 2023
Duración98 minutos[2]
OrixeReino Unido Reino Unido[3][1]
XéneroAnimación
Filme anteriorChicken Run
Na rede
IMDB: tt8337264 Filmaffinity: 186480 Allocine: 264389 Rottentomatoes: m/chicken_run_dawn_of_the_nugget Metacritic: movie/chicken-run-dawn-of-the-nugget Netlix: 81223025Editar o valor em Wikidata

Chicken Run 2: O amencer dos nuggets[4] (en inglés: Chicken Run: Dawn of the Nugget) é un filme británico de 2023 dirixido por Sam Fell a partir dun guión de Karey Kirkpatrick, John O'Farrell e Rachel Tunnard. Baséase nunha historia concibida por Kirkpatrick e O'Farrell.[5] É a secuela de Chicken Run (2000), e foi producido por Aardman Animations e está protagonizado polas voces de Thandiwe Newton, Zachary Levi, Bella Ramsey, Romesh Ranganathan, David Bradley, Daniel Mays, Jane Horrocks, Imelda Staunton, Lynn Ferguson, Josie Sedgwick-Davies, Peter Serafinowicz, Nick Mohammed e Miranda Richardson. Conta a historia de Rocky e Ginger que lideran unha misión de rescate cando a súa filla é secuestrada nunha granxa de aves moi avanzada dirixida pola súa antiga inimiga, a Señora Tweedy.

Chicken Run 2: O amencer dos nuggets estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Londres o 14 de outubro de 2023, e estreouse en Netflix o 15 de decembro de 2023, onde conta con opción dobrada e subtitulada en galego. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Baughan, Nikki. "Chicken Run: Dawn Of The Nugget: London Review". Screen Daily. Consultado o 2023-10-14. 
  2. "Chicken Run: Dawn of the Nugget (PG)". British Board of Film Classification. 29 de agosto de 2023. Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  3. Debruge, Peter (2023-10-14). "Chicken Run: Dawn of the Nugget Review: The Flock from Aardman's First Flick Hatches a Plucky Mission Improbable". Variety. Consultado o 2023-10-14. 
  4. pipocas.amesa.gal (ed.). "Chicken Run 2: O amencer dos nuggets". Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. Milligan, Mercedes (2023-04-29). "Netflix Hatches Chicken Run: Dawn of the Nugget Character Posters". Animation Magazine. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2023. Consultado o 2023-04-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]