Chen Jingrun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChen Jingrun

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 陈景润 Editar o valor em Wikidata
22 de maio de 1933 Editar o valor em Wikidata
Fuzhou, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 1996 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Membro da Asemblea Popular Nacional
1975 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Xiamen (pt) Traducir (1949–1953)
The Affiliated High School of Fujian Normal University (en) Traducir (1948–1949) Editar o valor em Wikidata
Director de teseLuogeng Hua (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de números Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademia Chinesa de Ciencias (1971–1984) , párkinson
Academia Chinesa de Ciencias (1957–1966) , Revolución Cultural
Universidade de Xiamen (pt) Traducir, bibliotecario (1955–1957) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoTianze Wang (en) Traducir, Mingyao Zhang (en) Traducir e Jianmin Liu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Chen Jingrun (en chinés tradicional: 陳景潤; en chinés simplificado: 陈景润; pinyin: Chén Jǐngrùn; Wade-Giles: Ch'en Ching-jun), nado o 22 de maio de 1933 en Minhou e finado o 19 de marzo de 1996 en Pequín, foi un matemático chinés que fixo importantes contribucións á teoría de números.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Chen foi o terceiro fillo dunha familia numerosa de Fuzhou, Fujian, China. O seu pai era carteiro. Chen Jingrun graduouse no Departamento de Matemáticas da Universidade de Xiamen en 1953. O seu asesor na Academia Chinesa das Ciencias foi Hua Luogeng.

Investigación[editar | editar a fonte]

O seu traballo sobre os números primos xemelgos, o problema de Waring, a conxectura de Goldbach e a conxectura de Legendre conduciu ao progreso da teoría analítica de números. Nun artigo de 1966 demostrou o que agora se chama o teorema de Chen: cada número par suficientemente grande pode ser escrito como a suma dun número primo e un semiprimo (o produto de dous primos), por exemplo: 100 = 23 + 7x11.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Estatua de Chen na Universidade de Xiamen.

O asteroide 7681 Chenjingrun leva o seu nome.

En 1999, China emitiu un selo postal de 80 céntimos denominado O mellor resultado da conxectura de Goldbach, cunha silueta de Chen e a desigualdade:

Varias estatuas na China foron construídas en memoria de Chen. Na Universidade de Xiamen, os nomes de Chen e doutros catro matemáticos (Peter Gustav Lejeune Dirichlet, Matti Jutila, Yuri Linnik e Pan Chengdong) están inscritos nunha lápida de mármore detrás da estatua de Chen.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]