Charles Léopold Laurillard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles Léopold Laurillard
Nacemento21 de xaneiro de 1783
 Montbéliard
Falecemento21 de xaneiro de 1853
 París
Nacionalidadefrancesa
Ocupaciónnaturalista e paleontólogo
editar datos en Wikidata ]

Charles Léopold Laurillard, nado o 21 de xaneiro de 1783 en Montbéliard, e finado o 21 de xaneiro de 1853 en París, foi un zoólogo, paleontólogo e debuxante francés

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Certificado de defunción.

Seu pai, fabricante de medias e mestre de escola, morreu cando Charles tiña tan só 13 anos. Porén, aínda que de orixe modesta, puido continuar os seus estudos. Foi coñecido polos seu traballos de debuxo, e iniciou os estudos de arquitectura ao tempo que gañaba o seu sustento dando clases a nenos de familias adiñeiradas de Montbeliard.[1]

En 1803 trasladouse a París, onde traballou con Jean Baptiste Regnault, un pintor académico, tivo problemas económicos. A súa sorte cambiou en 1804, cando se encontrou con Frédéric Cuvier, o irmán pequeno de Georges, ao que coñecera en Estrasburgo, que o levou a traballar con eles no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.[1]

Alí foi secretario particular de Georges, e debuxante nos seus traballos de zooloxía pero, sobre todo, foi o seu amigo, e acompañouno en todas as viaxes por Europa durante 30 anos. Cuvier diría del: "Laurillard fai de todo". Charles Laurillard nunca casou e, despois da morte de Georges Cuvier en 1832, continuou traballando no Museo e vivindo no séquito da viúva do gran científico, e despois, no de Sophie Duvaucel, a nora de Cuvier.[1]

Laurillard publicou varios traballos de anatomía comparada e describiu varios xéneros e especies.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Laurillard emprégase para recoñecer a Charles Léopold Laurillard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibiografía[editar | editar a fonte]

  • Cardot, Claude (2012): Charles Léopold Laurillard (1783-1853): de l'ombre à la lumière. Montbéliard: Société d'émulation de Montbéliard. ISBN 978-2-9511-0068-8.
  • Laurillard, Charles Leopold (1940): Lettres inédites de Charles Laurillard à Georges Louis Duvernoy. Introduction et notes par le pasteur Charles Mathiot et le Dr M. Duvernoy. Montbéliard: Impr. montbéliardaise.

Ligazóne externas[editar | editar a fonte]