Charles-Eugène Guye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles-Eugène Guye
Charles-Eugène Guye at the 1927 Solvay Conference.jpg
Nacemento15 de outubro de 1866
 Champvent
Falecemento15 de xullo de 1942
 Xenebra
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Xenebra
Ocupaciónfísico e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Charles-Eugène Guye, nado en Champvent o 15 de outubro de 1866 e finado en Xenebra, Suíza o 15 de xullo de 1942, foi un físico suízo. Estudou física na Universidade de Xenebra, obtendo o seu doutoramento en 1889 cunha tese sobre o fenómeno da dispersión óptica rotatoria.

Dende 1890 ata 1892 traballou como lector en Xenebra, e dende 1893 ata 1900 como lector na Politécnica de Zürich, mudando o seu interese investigador á enxeñaría eléctrica. Dende 1900 ata 1930 foi profesor e director do Instituto de Física da Universidade de Xenebra.

Dende 1907, xunto ós seus estudantes Simon Ratnowsky e Charles Lavanchy levou a cabo experimentos para demostrar a dependencia da masa do electrón da súa velocidade,[1] e os seus resultados apoiaron as predicións de Lorentz, Einstein e da teoría especial da relatividade en contra da teoría rival do electrón proposta por Max Abraham.

Participou na 5ª e 7º conferencias de Solvay, e foi autor ou coautor de máis de 200 artigos sobre física e varios libros, incluíndo obras filosóficas sobre a base biolóxica-física-química da evolución e sobre os límites da física e da bioloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lacki, Jan; Yachin Karim (2005). "Replication of Guye and Lavanchy’s experiment" (PDF). Archives des Sciences 58: 159–170. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.