Charb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stéphane Charbonnier
Charb
Nome completoStéphane Charbonnier
Nacemento21 de agosto de 1967
Lugar de nacementoFrancia Conflans-Sainte-Honorine, Francia
Falecemento7 de xaneiro de 2015 (56 anos)
Lugar de falecementoFrancia París, Francia
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeFrancesa
Relixiónateísmo
OcupaciónDebuxante, xornalista e historietista
NaiDenise Charbonnier
Coñecido porCharlie Hebdo
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
IMDB: nm3142249 Allocine: 235401
Musicbrainz: 429fdc42-3942-400d-83d4-4c1101cc5337 Discogs: 1303178 WikiTree: Charbonnier-57 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Stéphane Charbonnier, nado en Conflans-Sainte-Honorine, Yvelines o 21 de agosto de 1967 e finado en París o 7 de xaneiro de 2015, máis coñecido como Charb, foi un debuxante satírico, historietista e xornalista francés. Foi unha das vítimas do atentado que tivo lugar na sede da publicación Charlie Hebdo en xaneiro de 2015.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Charb traballou para numerosas publicacións de prensa como Charlie Hebdo, do cal foi director desde maio de 2009 tras a marcha de Philippe Val, L'Écho des savanes, Télérama, Fluide glacial e L'Humanité.[1][2] Os seus debuxos caracterízanse polo seu estilo corrosivo e irreverente. Maurice et Patapon, o can e o gato anticapitalista ou o policía Marcel Keuf son boa mostra diso. Na revista Fluide Glacial asinaba unha sección chamada La fatwa de l'Ayatollah Charb. Entre 2007 e 2008 participou no programa televisivo de M6 T'empêches tout le monde de dormir (Non deixas a ninguén durmir).[2]

Era coñecido polo seu apoio ao Partido Comunista Francés, apoiándoo expresamente tanto nas eleccións europeas de 2009 como nas eleccións rexionais francesas de 2010.[3]

En novembro de 2011, a sede de Charlie Hebdo foi atacada con cócteles molotov, presumiblemente por islamitas radicais. Desde entón Charb e outros dous compañeiros empezaron a ter protección policial.[4] En setembro de 2012, un home foi detido na cidade francesa de La Rochelle por pedir a súa decapitación nunha páxina web de contido yihadista.[5] Perseguido polas súas sátiras e caricaturas, Al Qaeda incluíuno en 2013 na súa lista dos máis buscados.[6]

O 7 de xaneiro de 2015 foi asasinado no atentado que tivo lugar na sede da publicación Charlie Hebdo, onde traballaba.[7]

Crenzas[editar | editar a fonte]

Ademais de apoiar ao PCF, Charbonnier era un ateo convencido e firme defensor dos valores republicanos.[3] Sempre estaba na vangarda dos enfrontamentos con fundamentalistas tanto musulmáns como cristiáns.[8][9]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Cartel realizado por Charb en 2000 para unha campaña contra a discriminación racial. A viñeta di: parte de arriba: Rompamos o silencio! Interior: Gustaríame contratarlle, pero non me gusta a cor de... umm... a súa gravata Abaixo: Discriminación, abramos os ollos!.
  • Je suis très tolérant, MC Productions / Charb , 1996
  • Maurice et Patapon, tomes I (2005) II (2006), III (2007), IV (2009) éditions Hoebeke
  • Attention ça tache, Casterman, 2004
  • Charb n'aime pas les gens : chroniques politiques, 1996-2002, éditions Agone, 2002
  • Collectif, Mozart qu'on assassine, Albin Michel, 2006, xunto a Catherine Meurisse, Riss, Luz, Tignous e Jul.
  • J'aime pas les fumeurs, Hoëbeke, 2007
  • J'aime pas la retraite, 2008 (xunto a Patrick Pelloux)
  • C'est la Faute à la société, éditions 12 bis, 2008
  • Dico Sarko, éditions 12 bis, 2008
  • Le Petit Livre rouge de Sarko, éditions 12 bis, 2009
  • Eternuer dans le chou-fleur et autres métaphores sexuelles à travers le monde, textos de Antonio Fischetti, éditions Les Échappés, 2009
  • Marx, mode d'emploi, éditions La Découverte, 2009 (xunto a Daniel Bensaïd)
  • Le Cahier de vacances de Charlie Hebdo, éditions Les Échappés, 2009, xunto a Catherine Meurisse, Riss e Luz.
  • Les Fatwas de Charb, éditions Les Échappés, 2009
  • C'est pas là qu'on fait caca! Maurice et Patapon pour enfants, éditions Les Échappés, 2010
  • Les dictons du jour, agenda 2011, éditions Les Échappés, 2010
  • Sarko, le kit de survie, éditions 12 bis, 2010
  • Marcel Keuf, le flic, éditions Les Échappés, 2011
  • La salle des profs, éditions 12 bis, 2012
  • Ilustracios de Petit cours d'autodéfense intellectuelle de Normand Baillargeon, e Petit cours d'autodéfense en économie de Jim Stanford.

Notas[editar | editar a fonte]