Champagne Châlons Reims Basket
| Champagne Basket | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Nome | Champagne Châlons-Reims Basket |
| Liga | Pro A |
| Alcume | CCRB |
| Fundación | 2010 |
| Cores | Azul, branco, ouro |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Complexe René-Tys (Reims, 3000) P.S. Coubertin (Châlons, 2.791) |
| Inauguración | 1986 |
| ccrbasket.com | |
O Champagne Châlons Reims Basket, coñecido como CCRB, é un club profesional de baloncesto francés con sede nas cidades de Reims e Châlons-en-Champagne, ambas situadas na rexión do Gran Leste. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. Ao compartir sede, dispta os seus partidos como local Disputa no Complexe René-Tys de Reims, con capacidad para 3.000 espectadores e no Palais des Sports Pierre-de-Coubertin de Châlons-en-Champagne, con capacidad para 2.791 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en xuño de 2010, o Champagne Châlons Reims Basket, ou "CBRC", naceu da unión de dous clubs profesionales de baloncesto, o ESPE Basket Châlons-en-Champagne e o Reims Champagne Basket (RCB), tras ascender este último da Nationale 1 á Pro B.[1] Así, dous históricos rivais da rexión da Champaña combinaron forzas para crear un equipo máis competitivo e financieiramente estábel no baloncesto profesional.
Durante a tempada 2011−12, o Châlons-Reims fixo unha boa temporada ao terminar terceiro na Pro B, destacando a prestixiosa vitoria sconseguida no pavillón de Beaublanc contra Limoges CSP (77-82). Nas eliminatorias polo ascenso o club chega ás semifinais, onde é derrotado polo Boulazac. No ano seguinte, o CCRB finalizou en terceiro lugar, chegando a disputar a final dos playoffs polo ascenso, onde perderon contra o Antibes Sharks. Na seguinte temporada, após liderar o campionato durante case a metade da liga regular, o equipo foi eliminado de novo nos play-offs, esta vez en semifinais ante o Poitiers. Porén, debido á ampliación do número de equipos da Pro A de 16 a 18, o equipo é invitado a xogar na máxima categoría.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]| Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa |
|---|---|---|---|---|
| 2010–11 | Pro B | Rolda de 64 | ||
| 2011–12 | Pro B | Rolda de 32 | ||
| 2012–13 | Pro B | Rolda de 64 | ||
| 2013–14 | Pro B | Rolda de 64 | ||
| 2014–15 | Pro A | Rolda de 32 | ||
| 2015–16 | Pro A | Rolda de 32 | ||
| 2016–17 | Pro A | Oitavos de final | ||
| 2017–18 | Pro A | Oitavos de final |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Champagne Châlons Reims Basket". ccrbasket.com (en francés). Consultado o 14 de setembro de 2019.