Chamada telefónica

Unha chamada telefónica é a operación na que se comunican xeralmente dúas persoas, aínda que tamén poden ser varias, a ambos os extremos dunha liña telefónica.
A comunicación adoita realizarse de forma remota ("tele" = lonxe) a través de dous teléfonos (un para cada extremo da conexión), utilizando a voz ("fono" = son). Aíndan que é posíbel chamar ao teléfono dun compañeiro da mesa de ao lado nunha oficina ou ao noso veciño.
Á parte do aparato telefónico, chamado de forma abreviada "teléfono", requírese o número de teléfono de dito aparato para poder contactar, o que se denomina "chamar ao número de teléfono (do destinatario)".
Tras marcar o número de teléfono deste último no teclado do teléfono do teléfono do emisor da chamada, un timbre soa no teléfono de destino até que o individuo en cuestión descolga aceptando a chamada.
Ademais do método tradicional de facer unha chamada telefónica, as novas tecnoloxías permiten diferentes métodos para iniciar chamadas telefónicas como, por exemplo, a marcación por voz ou voz sobre IP, a tecnoloxía permite tamén realizar chamadas a través dun PC, utilizando un servizo como Skype.[1]
As chamadas telefónicas son un mercado para os operadores de telefonía que, en xeral, ofrecen a posibilidade de subscrición aos seus servizos. En xeral cárganse á conta do cliente en función da duración, a situación do receptor da chamada e á calidade do número marcado, podendo ter unha política de prezos especial.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Nota[editar | editar a fonte]
- ↑ Roos, Dave. "How VoIP Works". How Stuff Works. Consultado o 9 de decembro de 2022.