Conferencia (chamada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teléfono Polycom específico para chamadas en conferencia

Unha conferencia, tamén denominada ATC (Audio Tele-Conferencia), é unha chamada telefónica na que o que chama desexa ser oído por outra persoa.

As chamadas de conferencia pódense deseñar para que unha persoa chame a outros participantes e os agregue á chamada. Porén, os participantes adoitan seren capaces de chamar á conferencia por si mesmos, entrando en contacto cun número de teléfono especial que se conecta a unha "ponte de conferencias" (un tipo de equipo especializado que conecta as liñas telefónicas).

As empresas adpitan utilizar un provedor de servizos especializados que mantén a ponte de conferencia, ou que subministra os números de teléfono e os códigos PIN que os participantes marcan para acceder á reunión ou conferencia telefónica.

As chamadas de tres vías están dispoñíbeis (xeralmente cun cargo adicional) para moitos clientes na súa liña de teléfono de casa ou da oficina. Na chamada de tres vías, chámase á primeira persoa coa que se desexa falar. Entóns púlsase o botón de colgado rápido (coñecido tamén como botón de recuperación ou de espera, no Reino Unido e noutros lugares) e se marca o número de teléfono doutra persoa. Mentres está soando, vólvese a premer o botón de rechamada para conectar ás tres persoas. Esta opción permite aos que chaman agregar unha segunda chamada saínte a unha chamada que xa está conectada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]