Cetirizina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cetirizina
Estrutura molecular da Cetirizina
Datos farmacocinéticos
ExcreciónUrina principalmente. Hepática en pequenas cantidades.
Identificadores
Número CAS
Datos químicos e físicos
FórmulaC21H25ClN2O3
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A cetirizina, vendida baixo a marca Zyrtec e outras, é un fármaco antihistamínico usado para tratar alerxias. tómase por vía oral. Comeza a funcionar nunha hora e dura aproximadamente un día.[1]

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Funciona igual que outros antihistamínicos como a difenhidramina.[2] Funciona bloqueando a histamina nos receptores H1, principalmente fóra do cerebro.[2] A cetirizina actúa rapidamente, en menos dunha hora, e a súa acción prolongada permite unha toma diaria. O inicio da actividade do principìo activo, após unha dose única de 10 mg, ocorre dentro de 20 minutos no 50% dos individuos e dentro de 1 hora no 95% dos individuos. Así mesmo, esta actividade persiste, polo menos, 24 horas despois dunha única administración.[3]

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

Os efectos secundarios comúns son leves, entre eles a boca seca, dor de cabeza, dor abdominal e somnolencia.[2] Porén, aínda que depende da sensibilidade de cada persoa, a somnolencia causada pola cetirizina é menor que nos antihistamínicos de primeira xeración, polo xeral.[1] As mulleres embarazadas poden usala, pero non as mulleres que están amamantando.[4] (Véxase Categorías farmacolóxicas no embarazo e Categorías de risco en lactación).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi patentado en 1981, e utilizouse por primeira vez en 1987.[5][6] Está na Lista de Medicamentos Esenciais da Organización Mundial da Saúde.[7] Está dispoñíbel como un medicamento xenérico.[1] Foi o 67º medicamento máis prescrito nos Estados Unidos en 2019, con máis de 11 millóns de receitas.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 British national formulary : BNF 76 (76 ed.). ISBN 9780857113382. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Cetirizine Monograph for Professionals". Drugs.com (en inglés). Consultado o 2023-12-26. 
  3. "INDICE.eu - Toda a Saúde". INDICE.eu - Toda a Saúde (en portugués). Consultado o 2023-12-27. 
  4. "Cetirizine Use During Pregnancy". Drugs.com (en inglés). Consultado o 2023-12-26. 
  5. IUPAC; Fischer, János; Ganellin, C. Robin (2006-12-13). Analogue-based Drug Discovery (en inglés). John Wiley & Sons. ISBN 978-3-527-60749-5. 
  6. Patente estadounidense: US patent 4525358, Baltes E, De Lannoy J, Rodriguez L, "2-[4-(Diphenylmethyl)-1-piperazinyl]-acetic acids and their amides", emitido o 25 de xuño de 1985, asignado a UCB Pharmaceuticals, Inc.
  7. "World Health Organization" (en inglés). 2023-09-18. 
  8. "The Top 300 of 2020". clincalc.com. Consultado o 2023-12-26. 
  9. "Cetirizine - Drug Usage Statistics, ClinCalc DrugStats Database". clincalc.com. Consultado o 2023-12-26. 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.