Cesullas, Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cesullas»)
Cesullas
Igrexa parroquial de Cesullas.
ConcelloCabana de Bergantiños[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′39″N 8°55′06″O / 43.21083333, -8.91833333Coordenadas: 43°12′39″N 8°55′06″O / 43.21083333, -8.91833333
Poboación1 325 hab. (2018)
Entidades de poboación33[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Cesullas[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1 325 habitantes (687 mulleres e 638 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.566 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está bañada na cara norte polo río Anllóns que a separa do concello de Ponteceso. Os cumios máis destacables son o monte Cundíns (206 metros) e o monte Vilariño (155 metros).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial[1] data do século XVII, época da cal se conserva a capela lateral sur, sendo a capela maior, nave, fachada e a espadana do século XVIII. A nave e a capela maior son rectangulares, e a fachada pentagonal. Enriba da porta principal hai unha imaxe en pedra de Santo Estevo, enmarcado lateralmente por volutas.

A ermida de San Fins[1] destaca por estar orientada cara ó leste. Ten ábsida e nave rectangulares. No lado sur da ábsida ten un pórtico lateral acaroado para a celebración das misas o día da romaría. Na fachada pentagonal hai unha celosía de pedra, quizais prerrománica. Nesta capela celébrase a romaría de San Fins do Castro.

A Ermida de Nosa Señora das Neves[1] ten un adro triangular, cunha fachada pentagonal. A espadana está sen campás.

O cruceiro do Sacramento[1] é de granito. A plataforma é cuadrangular con tres graos. O pedestal é cuadrangular e remata en chafráns. Ten mesa acaroada na que aparece unha lápida de granito con dous anxos nos laterais do relevo e unha custodia no centro. O varal é octogonal con chafráns. O capitel é cuadrangular moldurado. A cruz é cuadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes polas súas catro caras. No anverso está Xesucristo, cos pés pousados sobre unha caveira e tibias, aparece crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, ten as mans abertas, carece de coroa, ten pelo trenzado, o paso da pureza aparece anoado á dereita e arriba está a cartela de INRI. No reverso, a Virxe enriba dunha peaña aparece en actitude de orar cos dedos entrelazados. Nos laterais, obsérvase unha imaxe feminina orando con rosario e un San Francisco.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas máis importantes desta parroquia son:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cesullas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

A Áspera | A Balsa | O Bosque | O Bronllo | O Burgo | O Buzaco | Cabana | A Carballa | O Carballal | A Cruz | Esmorís | O Esqueiro | Exipto | Fontenla | A Forca do Lobo | A Igrexa | A Meixoada | O Muíño | Neaño | A Outra Banda | A Pedra Cuca | O Penedo | O Picón | Ponteceso de Cabana | Rebordelo | As Rebuiras | As Redondas | O Reguengo | As Salgueiras | San Fins | O Seixoso | Ternande | O Valado

Parroquias de Cabana de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]