Cesar Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cesar Romero
Cesar Romero 3 Allan Warren.jpg
Romero de 1973
Nome completo Cesar Julio Romero, Jr.
Nacemento 15 de febreiro de 1907
Lugar Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 1 de xaneiro de 1994 (86 anos)
Lugar Santa Monica (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa Pneumonía
Soterrado Inglewood Park Cemetery
Nacionalidade Estados Unidos de América
Profesión Actor, humorista e cantante
(1933-1992)
editar datos en Wikidata ]

Cesar Julio Romero, Jr., nado en Nova York o 15 de febreiro de 1907 e finado en Santa Monica (California) o 1 de xaneiro de 1994 foi un actor, humorista e cantante estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Romero naceu en Nova York, fillo de Cesar Julio Romero, Sr.[1] e de María Mantilla (filla de José Martí). A súa familia perdeu o seu negocio de importación de azucre trala caída da bolsa en 1929 e as ganancias de Romero en Hollywood permitiron saír adiante á súa familia, que o seguiu ata a costa oeste.

A altura de Romero deulle especialmente papeis de Latin lover entre as décadas de 1930 e 1950, ademais de interpretar malvados, como en The Thin Man, con William Powell. En 1947 interpretou a Hernán Cortés en Captain from Castile, de Henry King.

Desde mediados da década de 1950 traballou tamén na televisión. Entre 1966 e 1968 interpretou a The Joker na serie Batman e entre 1985 e 1987 participou en Falcon Crest.

Finou de bronquite e pneumonía aos 86 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]