Cesáreo Saco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cesáreo Saco López")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cesáreo Saco
Nacemento9 de decembro de 1905
 O Saviñao
Falecemento1994
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Cesáreo Saco López, nado en Ousende (O Saviñao) o 9 de decembro de 1905 e finado en 1994, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou canda o seu irmán Camilo no Seminario Menor de Monterroso. En 1919 pasaron ao Seminario Maior de Lugo onde fixeron catro anos de estudos eclesiásticos. Cara a 1923 deixan o Seminario e pasan a estudar o Bacharelato no Instituto de Lugo. En 1928 trasladouse a Ourense para traballar como profesor ao tempo que estudaba na Escola Normal, onde obtivo o título de mestre en 1933. Ingresou no Partido Galeguista en 1931. Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1934 e despois duns meses destinado en Palas de Rei, obtivo destino na escola de Ousende. Foi presidente das Mocedades Galeguistas e do PG de Monforte de Lemos. Durante a Guerra Civil foi encarcerado, xunto ao seu irmán Camilo, e desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos. En 1940 dedicouse ao ensino privado en Monforte de Lemos. En 1944 foi detido e confinado en Bóveda por un ano e en 1946 tivo que fuxir de Monforte debido a unha nova orde de detención, pero foi apresado en Madrid, xunto con Ramón Piñeiro, e encerrado no cárcere de Alcalá de Henares, no que permaneceu ata 1948. As clases de galego que deu aos presos en 1947, no cárcere de Yeserías, son as primeiras das que se ten constancia en toda a historia da lingua[1]. Despois da súa posta en liberdade, rematou a carreira de Dereito na Universidade de Oviedo e asentouse en Monforte como avogado. Participou na fundación do Partido Socialista Galego (1963) e na sociedade cultural Escola Aberta (1978). Nas municipais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Monforte e resultou elixido concelleiro. Recibiu o Pedrón de Ouro en 1986.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santamaria, Antón (2012). "O galo, 1961". Un canto e unha luz na Noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975). Consello da Cultura Galega. pp. 23–29. ISBN 978-84-92923-33-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Saco Pérez, Fernando (2006). A Nosa Terra, ed. Os irmáns Saco ou a loita galegista baixo o franquismo. Vigo. ISBN 978-84-8341-042-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]