Cesáreo Onzari
Cesáreo Onzari | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Cesáreo Onzari | ||
Nacemento | 1 de febreiro de 1903 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Falecemento | 7 de xaneiro de 1964 | ||
Lugar de falecemento | Buenos Aires | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1919 | Sportivo Boedo | ||
1920 | Club General Mitre | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1921–1933 | Club Atlético Huracán | 157 | (61) |
Selección nacional | |||
Selección de fútbol da Arxentina | 14 | (5) | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Cesáreo Onzari, nado o 1 de febreiro de 1903 en Buenos Aires e finado o 7 de xaneiro de 1964 na mesma cidade, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar profesionalmente no Sportivo Boedo e no Club General Mitre. No ano 1921 debutou no Club Atlético Huracán, onde transcorrería case a totalidade da súa carreira futbolística ata a súa retirada en 1933.
Coa Selección de fútbol da Arxentina disputou 14 encontros e marcou 5 goles.
Pese a que nunca pertenceu a Boca Juniors formou parte da xira europea do club bonaerense de 1925 e polo que foi nomeado Campión de honra do Campionato Arxentino a pesar de que numericamente quedara moi por detrás do vencedor.
O 2 de outubro de 1924 pasou á historia por marcar o primeiro gol de lanzamento directo dende o banderín de corner sen tocar en ningún xogador do que se ten constancia [1]. Sucedeu nun encontro amigábel entre a Selección de fútbol da Arxentina e a de Uruguai vixente campión olímpico, de aí que este tipo de goles reciban o nome de gol olímpico. O gol foi válido grazas a un cambio no regulamento realizado ese mesmo ano, pois ata entón os saques dende o corner estaban regulados como lanzamentos indirectos, e polo tanto para ser legal debían tocar nalgún xogador.
Participación na Copa América[editar | editar a fonte]
Ano | Sede | Resultado |
---|---|---|
1924 | ![]() |
Subcampión |
1925 | ![]() |
Campión |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa América | Selección de fútbol da Arxentina | Arxentina | 1925 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://edant.clarin.com/diario/2004/10/02/deportes/d-07101.htm Arquivado 07 de outubro de 2012 en Wayback Machine. O gol oímpico cumple 80 anos (02/10/2004)