Cervezas Alhambra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Botella de cervexa Alhambra.

Cervezas Alhambra é unha compañía cervexeira española da cidade de Granada (Andalucía), fundada en 1925 e que actualmente forma parte do Grupo Mahou-San Miguel.

Historia[editar | editar a fonte]

Cervezas Alhambra foi fundada en 1925 con capital granadino e coa participación de Carlos Bouvard, propietario da fábrica La Moravia. Dende 1954 e durante 25 anos formou parte do accionariado da S.A. Damm. En 1994, cando atravesaba un mal momento, xurdiu a cervexa Alhambra Reserva 1925. En 1995 uniuse ao accionariado de La Cruz del Campo. Catro anos despois, en 1999, adquire a cervexeira cordobesa Compañía Andaluza de Cervezas. Finalmente no 2006 foi comprada polo grupo Mahou-San Miguel.[1]

Hoxe en día é unha cervexa moi coñecida en todo o leste de Andalucía, especialmente na cidade de Granada, onde é a cervexa máis consumida.

Cervexas[editar | editar a fonte]

  • Alhambra Especial: cervexa de baixa fermentación, cor dourada, intenso aroma inicila a malte e lúpulo, con corpo e suave. A súa gradación alcohólica é de 5,4 graos.
  • Alhambra Premium Lager: cervexa rubia tipo pilsen de sabor suave e lixeiro amargor cun 4,6 % de alcohol.
  • Mezquita: cervexa vermella cun 7,2 % de volume e sabor intenso.
  • Alhambra Reserva 1925: cervexa de elaboración artesanal de cor ámbar dourado e aromas lixeiramente tostados. A súa gradación alcohólica é de 6,4 graos.
  • Alhambra SIN: cervexa de baixa gradación alcohólica (inferior a un grao), caracterízase polo seu suave amargor e sabores lixeiramente afroitados.
  • Alhambra Negra: cervexa negra de sabor acaramelado e suave con trazas de regalicia, e moi aromática. Ten unha gradación alcohólica de 5,4 graos.
  • Shandy de Alhambra: elaborada con cervexa pilsen Alhambra de 4,6 graos mesturada con limón, con aroma a monda de limón e cítricos, cunha cor dourada brillante e lixeiros tons avermellados. Ten un 0,9 % de alcohol.

Outros produtos[editar | editar a fonte]

  • Agua mineral natural Sierras de Jaén

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]