Cerros Orientais (Bogotá)
Tipo | cordilleira | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Continente | América | ||
División administrativa | Bogotá, Colombia | ||
Cordilleira | Cordilleira Oriental | ||
Características | |||
Altitude | 3.575 m | ||
Material usado | Arenita lutita Conglomerado (xeoloxía) | ||
Superficie | 140 km² | ||
Os cerros Orientais son un conxunto orográfico situado ao leste de Bogotá, o cal serve como fronteira natural da cidade. A grandes liñas segue unha dirección sur-norte. Atópase principalmente nas zonas rurais nas localidades de Sumapaz, Usme, San Cristóbal, Santa Fe, Chapinero e Usaquén. Malia ser unha zona protexida, moitos dos seus ecosistemas atópanse ameazados pola construción ilegal de vivendas no medio da reserva forestal, tarefa que esta buscando evitar a administración distrital con múltiples operativos na zona con apoio das autoridades policiais e xudiciais.
Características
[editar | editar a fonte]Os cerros orientais de Bogotá son unha serie de montes visibles dende a maior parte da cidade. Contan con preto de 14.000 ha. Limita ao norte con Torca e ao sur co de Chipaque. No seu costado leste, as elevacións aumentan até constituír o páramo de Cruz Verde, que xunto ao de Sumapaz conforma o mesmo sistema.[1]
De sur a norte, os cerros son La Teta, Aguanoso, Guadalupe, Monserrate, Pico del Águila, El Cable, e ao norte da cidade, na localidade de Usaquén, as serras do Chicó, El Chiscal, o alto La Laguna, e o cerro Pan de Azúcar.[2] O conxunto presenta un forte gradiente altitudinal, que vai dos 2.570 aos 3670 metros sobre o nivel do mar.[3]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Monserrate dende La Candelaria.
-
Os cerros dende a localidade de Suba.
-
Cerros á altura do barrio Rosales.
-
Os cerros de Zuque e de La Teta en San Cristóbal e Usme.
-
Os cerros de Bogotá dende a rúa 26.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paramo.org "Complejo Cruz Verde - Sumapaz". Consultado en novembro de 2010.
- ↑ Cerrosdebogota.org Arquivado 15 de decembro de 2011 en Wayback Machine. Documento gráfico preparado por la universidad de Los Andes. "Topografía, los cerros orientales como telón verde de Bogotá".
- ↑ Secretaría Distrital de Ambiente. secretariadeambiente.gov.co, ed. "Cerros Orientales - Localización y características generales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2011. Consultado o novembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerros Orientais |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV. AA., director Fabio Puyo Vasco, Historia de Bogotá 3 tomos: Tomo I - Conquista y Colonia, Tomo II - Siglo XIX, Tomo III - Siglo XX, Bogotá, 2007. ISBN 978-958-8293-31-8. La información utilizada viene del tomo III, escrito por Fabio Zambrano Pantoja.