Saltar ao contido

Centropómidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centropomidae

Centropomus undecimalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Centropomidae
Xénero: Centropomus
Lacepède, 1802
Especies

ver texto

Os Centropómidos (Centropomidae) son unha familia de peixes mariños e algúns de auga doce incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por ríos de América e polo océano Atlántico.

Características

[editar | editar a fonte]

Teñen cabeza grande e algo deprimida dorsalmente, con boca grande e protráctil e a mandíbula inferior moi prominente. Preopérculo aserrado con 1-2 espiñas. Liña lateral continua e algo arqueada.

Dúas aletas dorsais separadas, con 7 a 8 espiñas na primeira e 1 espiña e 8-11 raios brandos na segunda, mentres que a anal ten 3 espiñas e 6-9 raios brandos. As pelvianas, cunha espiña e 5 raios brandos, insírense detrás das pectorais.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Actualmente considérase integrada por un único xénero con 12 especies, pero ata ai pouco incluía tamén os xéneros Hypopterus, Lates e Psammoperca, hoxe clasificados dentro da familia Latidae.[1]

  1. ITIS mantén (4.01.2012) os catro xéneros dentro da familia Centropomidae, dividida en dúas subfamilias: Centropominae e Latinae.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]