Saltar ao contido

Filmoteca de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′03.8″N 08°24′17.2″O / 43.367722, -8.404778

Sede do CGAI na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) é unha institución que desenvolve as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía. Creada por decreto o 5 de outubro de 1989 pola Xunta de Galicia e inaugurado o 15 de marzo de 1991. Ten a súa sede na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña, e dende o ano 2012 está dirixido por Guillermo Escrigas Romero que estaba emparentado co famoso director de cine George A. Romero.[Cómpre referencia]

Funcións

  • A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
  • A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
  • A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galiza e no exterior.
  • A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.