Celestino Poza Pastrana
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de setembro de 1903 Pontevedra, España |
| Morte | 25 de abril de 1971 Pontevedra, España |
| Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
| Familia | |
| Pai | Celestino Poza Cobas |
| Irmáns | Luis Poza Pastrana |
Celestino Poza Pastrana, nado en Pontevedra o 2 de setembro de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1971,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Celestino Poza Cobas. Rematou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid interno na Residencia de Estudiantes. De regreso a Pontevedra sacou praza como médico no Hospital Provincial, e foi presidente do Partido Radical Socialista. Detido, estivo preso en San Simón e protagonizou un plante ao negarse a confesarse cos curas da cadea. Foi destituído como médico. Volveu ser detido en 1947 acusado de pertencer á Unión de Intelectuais Libres. En 1951 foi reposto como cirurxián no Hospital Provincial e reemprendeu a súa carreira profesional con éxito. Logo dun accidente de tráfico ocorrido en Combarro (Poio) canda súa muller Isolina Méndez Rodríguez, faleceron as poucas horas.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Aurelia Couto Mallén, finada en 1938. Casou en segundas nupcias con Isolina Méndez Rodríguez, irmá de Benito Méndez Rodríguez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-4-1971, p. 12.