Saltar ao contido

Valentín García Escudero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentín García Escudero
Biografía
Nacemento1833 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1912 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata


Valentín García Escudero, nado en Ribadavia en 1833 e finado en Pontevedra o 4 de abril de 1912[1], foi un notario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1859 estableceuse en Pontevedra como Notario e secretario do Xulgado de 1ª Instancia. Republicano, amigo de Emilio Castelar e Eugenio Montero Ríos, do que foi socio na adquisición da illa de Tambo[2]. Foi alcalde de Pontevedra[1]. Foi elixido deputado polo distrito de Ponte Caldelas nas eleccións de 1872 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1873.

Matilde Temes Trujeda, esposa de Valentín García Escudero e nai de Valentín García Temes.

Casou con Matilde Temes Trujeda. O seu fillo Valentín García Temes foi o dono do Café Moderno de Pontevedra. Era tío de Vicente García Temes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]