Saltar ao contido

Cefpodoxima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cefpodoxima
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefpodoxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. A fórmula farmacéutica é cefpodoxima-proxetilo, un éster que se transforma na forma activa no organismo humano. 130 miligramos deste éster corresponden a 100 mg de cefpodoxima[1].

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Cefpodoxima é activa fronte a bacterias grampositivas: Staphylococcus aureus, Staphylococcus saprophyticus, Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes. Tamén presenta actividade fronte a Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae, Proteus mirabilis, Haemophilus influenzae, Moraxella catarrhalis e Neisseria gonorrhoeae. Tamén presenta actividade in-vitro (non existen estudos de eficacia clínica) fronte a Streptococcus agalactiae, Citrobacter diversus, Klebsiella oxytoca, Proteus vulgaris, Providencia rettgeri, Haemophilus parainfluenzae e Peptostreptococcus magnus[2].

Dosificación

[editar | editar a fonte]

Unicamente existe formulación oral. A dose convencional é de 200 a 400 miligramos cada 12 horas. A dose debe reducirse en insuficiencia renal (filtrado menor de 40) e en poboación pediátrica.

Embarazo e lactación

[editar | editar a fonte]

Cefpodoxima está catalogada na categoría B da FDA. Non obstante secrétase no leite materno en importantes cantidades, polo que se desaconsella o seu uso durante a lactación3.

Indicacións terapéuticas

[editar | editar a fonte]

A axencia española de medicamentos recolle tres indicacións: sinusite aguda bacteriana, amigdalite e exacerbación aguda da bronquite crónica[3].

Efectos secundarios

[editar | editar a fonte]

Os máis salientables son as molestias gastrointestinais e a diarrea.

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefdopoxima" da FDA" (PDF) (en inglés). Maio 2013. Consultado o 14 setembro 2018. 
  3. "Ficha técnica de cefpodoxima da AEMPS" (PDF) (en Castelán). Setembro 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2018. Consultado o 14 setembro 2018.