Cefixima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cefixima
Cefixime.svg
Identificadores
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefixima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo os nomes de Suprax e Denvar.

Espectro de acción[editar | editar a fonte]

Cefixima é activa fronte a bacterias grampositivas: Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes. Tamén é activa fronte a gramnegativos: Haemophilus influenzae, Moraxella catarrhalis, Escherichia coli, Proteus mirabilis e Neisseria gonorrhoeae. Presenta actividade in-vitro, pero non avaliada a eficacia clínica, fronte a Streptococcus agalactiae, Haemophilus parainfluenzae, Proteus vulgaris, Klebsiella pneumoniae, Klebsiella oxytoca, Pasteurella multocida, Providencia spp, Salmonella spp, Shigella spp, Citrobacter amalonaticus, Citrobacter diversus e Serratia marcescens[1].

Indicacións clínicas[editar | editar a fonte]

Cefixima está aprobada para as seguintes indicacións clínicas:

Dosificación[editar | editar a fonte]

Unicamente existe formulación oral. A dose estándar é de 200 a 400 miligramos cada 12 ou 24 horas. A dose debe ser axustada en insuficiencia renal grave (filtrado menor de 10) e en poboación pediátrica[2].

Embarazo e lactancia[editar | editar a fonte]

Cefixima atópase na categoría B da FDA de fármacos durante o embarazo. Descoñécese se se excreta no leite materno, polo que se recomenda suspender a lactancia mentres se tome cefixima[3].

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

Semellantes ao resto de cefalosporinas, destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha técnica de "cefixima" da FDA" (PDF) (en inglés). Abril 2003. Consultado o 15 setembro 2018. 
  2. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  3. "Ficha técnica de "cefixima" da FDA" (PDF) (en inglés). Abril 2003. Consultado o 15 setembro 2018.