Saltar ao contido

Ceferino de Blas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 25 de xuño de 2015 ás 09:27 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Cambio o modelo: Smallcaps; cambios estética)

Modelo:Escritor Ceferino de Blas García, nado en Cancienes, Corvera, o 24 de setembro de 1943, é un escritor e xornalista asturiano.

Traxectoria

Estudou no Seminario Metropolitano de Oviedo, Filosofía e Letras na Universidade Pontificia de Salamanca e a carreira de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, titulándose en 1972, despois licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

Tratar de imponer el idioma autóctono sobre el de uso común en un mundo globalizado, puede interpretarse un gesto de coherencia identitaria y sentimental, pero es dejar a los pies de los caballos a quienes tendrán que convivir en otras comunidades de España.[1][2]

Fixo prácticas en La Voz de Avilés e traballou en La Voz de Asturias. Foi delegado da axencia EFE en Asturias, redactor xefe e subdirector de La Nueva España, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, e corresponsal en Asturias de El Periódico de Catalunya

Dende outubro de 1986 ata febreiro de 1994, dirixiu o diario Faro de Vigo,[3] pertencente, tamén, ao grupo Prensa Iberica, proseguindo despois como articulista[4][5][6] e autor de varios libros, distribuídos co xornal.

É membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses[7] e está casado coa xornalista galega Marisa Real.

Obra bibliográfica

Colectiva

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas