Ceferino Palencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ceferino Palencia
1880-04-18, Madrid Cómico, de Luque, Ceferino Palencia (cropped).jpg
Nacemento1859
 Fuente de Pedro Naharro
Falecemento22 de xullo de 1928
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e dramaturgo
CónxuxeMaría Tubau
FillosJulio Palencia Tubau e Ceferino Palencia Tubau
Firma de Ceferino Palencia.svg
editar datos en Wikidata ]

Ceferino Palencia (Fuente de Pedro Naharro, Cuenca, 1859 - Madrid, 1928), dramaturgo español.

María Tubau retratada por Luís Taberner e Montalvo foi dona de Ceferino

Dirixiu a compañía teatral da súa dona, a actriz María Tubau. As súas obras insérense na corrente da comedia moralizadora realista de mediados do século XIX. Logrou aplausos especialmente a partir de El guardián de la casa (1881), unha sátira contra a mala educación dos mozos. Escribiu despois outras comedias, xa de teses, como La Charra, encamiñada a demostrar os danos de adoptar costumes estranxeiros, xa naturalistas, como Nieves, xa de simple reconstrución e colorido de época, como Comediantes y toreros ou La Vicaría. Destacan tamén Cariños que matan (1882), Pepita Tudó (1901) e La bella Pinguito (1925). Foi pai do médico Ceferino Palencia Tubau, casado coa xornalista e escritora feminista Isabel Oyarzábal Smith (1878-1974).