Cayetana Álvarez de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCayetana Álvarez de Toledo

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos Editar o valor em Wikidata
15 de outubro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada de España
17 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada de España
7 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña (2008–)
Arxentina
Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford
Northlands School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaPolitics and reform in Spain and New Spain : the life and thought of Juan de Palafox 1600-1659 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (2000 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseJohn Elliott Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , historiadora , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
El Mundo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (2008–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de xullo de 2014Q66447610 Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarquisate of Casa Fuerte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Álvarez de Toledo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJoaquín Güell Ampuero (2001–2018)

Editar o valor em Wikidata

Páxina webcayetanaalvarezdetoledo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4749590 Twitter: cayetanaAT Instagram: cayetanaatpp Editar o valor em Wikidata
Álvarez de Toledo en 2009 nun acto do PP de Madrid.
Cayetana Álvarez de Toledo nun acto do seu partido en 2011 no barrio de Salamanca (Madrid).

Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos, XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española[1]. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada por Barcelona. É directora da área internacional de FAES.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na capital española, filla de pai francés e nai arxentina.[1] Seu pai foi Juan Illán Álvarez de Toledo y Giraud, XII marqués de Casa Fuerte e súa nai Patricia Peralta-Ramos y Madero. Por vía materna provén dunha familia patricia arxentina que se remonta a Blas de Peralta e ao fundador da cidade de Mar del Plata, Patricio Peralta Ramos, entre outros.[2]

Pasou os primeiros anos da súa infancia en Londres e dende os sete anos viviu en Buenos Aires, onde asistiu á Northlands School. Volveu ao Reino Unido para realizar estudos universitarios e licenciouse en Historia Moderna pola Universidade de Oxford, e logo doutorouse cunha tese sobre o bispo Juan de Palafox, vicerrei de Nova España, dirixida polo historiador hispanista John Elliott.[1][3] O 20 de outubro de 2001 casou co empresario catalán (e curmán seu en grao décimo quinto)[4] Joaquín Güell Ampuero, da familia dos condes de Güell, con quen ten dúas fillas.[1] En xaneiro de 2018 a parella divorciouse.[5]

Logo do seu doutoramento, en setembro de 2000 ingresou como redactora no diario El Mundo, primeiro na sección de opinión e máis tarde pasou á de economía. Foi tamén tertuliana na cadea COPE no programa La Mañana que dirixía Federico Jiménez Losantos. En 2006 o secretario xeral do Partido Popular (PP), Ángel Acebes nomeouna xefa do seu gabinete, coa misión de asesoralo na estratexia política, xestionar a súa axenda e coordinar a elaboración dos seus discursos e intervencións parlamentarias.[6] Como xornalista de El Mundo, o Foro Económico Mundial elixiuna como «líder global nova» en 2008 polos «seus logros profesionais, compromiso coa sociedade e o seu potencial para contribuír a forxar o futuro do mundo».

Contra 2007 adquiriu a nacionalidade española e concorreu ás eleccións xerais de 2008 como número 9 na lista do PP ao Congreso pola circunscrición de Madrid, converténdose en deputada da IX lexislatura, e exerceu como voceira adxunta do grupo parlamentario Popular. Nas eleccións xerais de 2011 volveu concorrer como número 10 da lista do PP, renovando o seu escano na X lexislatura. No Congreso foi vicepresidenta da Comisión Mixta para a Unión Europea e vogal das Comisións de Xustiza e Constitucional. En 2012 ao falecer seu pai herdou o título de nobreza de marquesa de Casa Fuerte. En 2014 escribiu un artigo de opinión no Financial Times en contra da tendencia independentista do nacionalismo catalán[7] e nese ano foi unha das primeiras asinantes do manifesto Libres e Iguales, que rexeitaba calquera cesión nunha eventual negociación co independentismo catalán[8] e que deu orixe á plataforma do mesmo nome que a elixiu como voceira.[9]

En 2015 amosouse publicamente en desacordo coa política do entón presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, en materia de rexeneración democrática, pola súa política económica, polo que consideraba pouca firmeza co separatismo catalán e pola erosión das institucións públicas.[10][11] Crítica coas posicións feministas, amosouse contraria á folga feminista do 8 de marzo de 2018[12] e en xuño dese ano, tras a disolución do goberno de Mariano Rajoy por mor da moción de censura presentada polo PSOE, malia afirmar que seguía no PP anunciou que ía votar por Ciudadanos, e pedía a fusión de ambos os dous partidos.[13]

Foi cabeza do PP para o Congreso dos Deputados en Barcelona nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019,[14] e logrou o escano pero foron os peores resultados do partido na provincia na súa historia.[15][16] Nas seguintes eleccións, as do 10 de novembro dese mesmo ano, volveu obter de novo a designación de deputada por Barcelona.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Politics and Reform in Spain and Viceregal Mexico: The Life and Thought of Juan De Palafox 1600-1659. Oxford: Oxford University Press. 2004. 
    • Tradución ao castelán, por M. Bacells e J. C. Bayo e con limiar de John Elliott:Juan de Palafox: Obispo y Virrey. Madrid: Centro de Estudios Europa Hispánica e Marcial Pons Ediciones de Historia. 2011. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ficha Congreso de los Diputados". Madrid. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  2. Elsa S. Vejo (6 de xuño de 2015). "Cayetana Álvarez de Toledo, la diputada marquesa que pide la cabeza de Rajoy". Estrella Digital. 
  3. "Politics and Reform in Spain and Viceregal Mexico: The Life and Thought of Juan de Palafox, 1600–1659 (review)" (PDF). Renaissance Quarterly 59 (1). 2006. Archived from the original on 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  4. Fluvià i Escorsa, Armand de (2003). «Parentiu de Don Josep Joaquim Güell i de Ampuero amb Dona Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta». Paratge (Societat Catalana de Genealogia, Heràldica, Sigil·lografia, Vexil·lologia i Nobiliària), p. 57-60. ISSN 1130-339.
  5. "Cayetana Álvarez de Toledo, marquesa y ex diputada del PP, se divorcia de Joaquín Güell". El Confidencial. 6 de xaneiro de 2018. 
  6. "«Cayetana Álvarez de Toledo, nueva jefa de gabinete de Acebes.»". El Mundo. 6 de setembro de 2006. 
  7. "Europe cannot give in to separatists". Financial Times. 18 de febreiro de 2018. 
  8. Cué, Carlos E. (15 de xullo de 2014). "Un manifiesto con Vargas Llosa y Suárez Illana pide a Rajoy que actúe contra Mas". El País. 
  9. "«Los intelectuales de Libres e Iguales celebran en Madrid la Diada española.»". El Mundo. 12 de setembro de 2014. 
  10. "«Cayetana Álvarez de Toledo: Anoche escribí al presidente Mariano Rajoy Brey.»". El Mundo. 14 de de outubro de 2015. 
  11. "«Altercado en el Congreso entre dos diputadas del Partido Popular por las críticas de una de ellas a Mariano Rajoy.»". Público. 14 de outubro de de 2015. 
  12. "«No a la guerra»". El Mundo. 8 de marzo de 2018. 
  13. "Una papeleta". El Mundo. 9 de xuño de 2018. 
  14. "«Cayetana Álvarez de Toledo será la número uno del PP por Barcelona»". El Mundo. 15 de marzo de 2019. 
  15. "El PP se queda con un escaño en Catalunya, su peor resultado de la historia". Europa Press. 29 de abril de 2019. 
  16. "Resultados en Barcelona de las elecciones generales 2019 - Escrutinio de los votos". 20minutos.es. 28 de abril de 2019.