Caverna de Kapova
| (ba) Шүлгәнташ | ||||
| Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | raion de Burzyansky, Rusia | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 3.045 ( | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 2025 (47ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) | |||
| Identificador | 1743 | |||
| Patrimonio cultural federal de Rusia | ||||
| IUCN categoría III: Monumento Natural | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 17 de agosto de 1965 | |||
| Data de disolución, retirada ou demolición | 19 de marzo de 2014 | |||
| Data de descuberta ou invención | 1950 | |||
| Sitio web | shulgan-tash.ru… | |||

A caverna de Kapova e unha gruta situada nos montes Urais, Rusia, que contén pinturas rupestres, clasificadas dentro do período magdaleniano da cultura de Paleolítico Superior.
Situación
[editar | editar a fonte]Denominada tamén Chulgan Tache, a caverna está situada no sur dos montes Urais, na rexión de Bashkiria, no distrito de Belorestk.

Arte
[editar | editar a fonte]Descuberta a fins da década de 1950, foi estudada por Otto N. Bader. O feito constituíu un fito importantísimo para a historia da arte paleolítica, porque en Europa, salvo na Península Ibérica, Italia e Francia, non se coñecía ningunha gruta con decoración.
Tanto polo estilo como pola temática, Kapova mostrou estar emparentada coas covas e abrigos occidentais. Con pinturas en ocre represéntanse mamuts, cabalos, bisontes e rinocerontes, fauna coñecida noutros murais rupestres. Hai tamén figuras humanas.
Por razóns estilísticas algunhas das figuras clasificáronse como similares ás do Magdaleniano. Cronoloxicamente remonta á 14.000 anos a.n.e.
Aínda que pouco vulgarizada fóra de Rusia, esta gruta constitúe unha etapa máis que testemuña as relacións entre a cultura do Paleolítico Superior europeo-occidental e Asia Central, onde as estacións arqueolóxicas do río Angara e as proximidades do lago Baikal (Malta, Buret e Krasni-Iar) mostran tamén afinidades no instrumental e a súa arte móbil.
Porén Kapova non está illada, pois nas súas proximidades descubríuse unha segunda gruta ornamentada, Ignatievka.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bader, Otto N., La caverne Kapovaïa: peinture paléolithique. Nauta. Moscou. 1965.
- Vjaceslav E. Scelinskij, Vladimir N. Sirokov: Höhlenmalerei im Ural. Jan Thorbecke Verlag, Stuttgart. 1999. ISBN 3-7995-9004-8

