Saltar ao contido

Catarina Sforza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCatarina Sforza

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Caterina Sforza Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1463 Editar o valor en Wikidata
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de maio de 1509 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMurate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Raíña de Italia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Sforza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGiovanni di Pierfrancesco de Médici (1496–)
Giacomo Feo (1488–1495)
Girolamo Riario (1477–1488) Editar o valor en Wikidata
FillosFrancesco Riario Sforza
 () Girolamo Riario
Bianca Riario
 () Girolamo Riario
Ottaviano Riario
 () Girolamo Riario
Giovanni dalle Bande Nere
 () Giovanni di Pierfrancesco de Médici Editar o valor en Wikidata
PaisGaleazzo Maria Sforza Editar o valor en Wikidata  e Lucrezia Landriani Editar o valor en Wikidata
IrmánsGian Galeazzo Sforza
Branca Maria Sforza
Ana Sforza Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide
A Cyclopaedia of Female Biography
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1354338 WikiTree: Sforza-1 Find a Grave: 135376896 Editar o valor en Wikidata

Catarina Sforza (en italiano: Caterina Sforza), nada en Milán en 1462 e finada en Florencia o 20 de maio de 1509, foi unha nobre italiana, Señora de Imola e Condesa de Forlì primeiro co seu marido Girolamo Riario e trala morte del, como rexente do seu fillo Octaviano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Catarina naceu a principios de 1463,[1] filla ilexítima de Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán e de Lucrezia Landriani,[2] esposa do cortesán Gian Piero Landriani, amigo íntimo do duque. Foi educada na refinada corte milanesa, que no século XV era admirada por toda Europa.

Aos 14 anos, en 1477, desposou a Girolamo Riario, fillo de Paolo Riario e Bianca della Rovere, irmá do papa Sisto IV.[3] Este concedeulle ao seu sobriño bens e títulos, como o señorío de Imola.[4] Tras unha entrada triunfal en Imola en 1477, Catarina pasou a Roma co seu marido, onde viviu durante anos ao servizo do seu tío o papa. En marzo de 1478, Catarina deu a luz a súa primeira filla,[5] chamada Bianca pola nai de Girolamo, Bianca della Rovere, e a avoa paterna de Catarina, Bianca Maria Visconti. Caterina tivo cinco fillos máis nos seguintes nove anos.[6]

Coa morte de Sisto IV, en 1484, Catarina tomou ao asalto o castelo de Sant'Angelo, coa esperanza de intimidar os cardeais para que consagrasen como novo pontífice alguén da súa familia.[7] Fracasando, mudouse a Forlì co seu marido. Unha vez aló, caeron vítimas dunha revolta local onde Girolamo Riario foi asasinado (1488) e Catarina foi aprisionada cos seus seis fillos polos conspiradores.[8] A súa fuga das mans dos inimigos, deixando os fillos atrás como reféns, ocasionou a historia, probabelmente apócrifa, de que, acuada, levantou a saia e, mostrando os xenitais, gritou á multitude que “teño isto aquí­ ao meu favor” para producir máis fillos.[9]

Medalla de 1488 coa imaxe da condesa.

Coa axuda das forzas militares do seu tío, Ludovico Sforza, Duque de Milán, controlou a rebelión e, na condición de rexente, gobernou Forlì co seu fillo Octaviano. Participou en numerosas conspiracións e foi vítima de tantas outras.

Entre 1499 e 1500, César Borgia, á fronte do seu exército papal, atacou e dominou Imola (novembro de 1499) e Forlì (xaneiro de 1500). Estuprada e humillada, Catarina e Octaviano foron levados a Roma como prisioneiros. Nesa cidade, após renunciar ás súas reivindicacións políticas, pasou un ano prisioneira no Castelo de Sant'Angelo. Liberada, pasou o resto dos seus días en Florencia dedicándose a alquimia e até compilou un libro de receitas de cosméticos e prescricións médicas. Faleceu en 1509, aos 46 anos, vítima de pneumonía.[10]

O fillo do seu casamento secreto (1496) con Giovani de Medici, Giovanni dalle Bande Nere, herdou o carácter militante e audaz da nai, que nunca foi distinguida como mecenas da literatura e das artes, común nas mulleres nobres da súa época. Ao contrario: os historiadores chamárona Virago, palabra que significaba “muller guerreira”.[11]

  1. Graziani, Venturelli 2001, p. 10, Non se atoparon documentos sobre o seu nacemento nin sobre os tres primeiros anos da súa vida.
  2. Pennington, Reina (2003). Amazons to Fighter Pilots - A Biographical Dictionary of Military Women (Volume Two). Westport, Connecticut: Greenwood Press. p. 393. ISBN 0-313-32708-4. 
  3. Porén, moitos rumores retrataban a Girolamo como fillo natural do papa.
  4. Brogi 1996, p. 35.
  5. P.D. Pasolini: Caterina Sforza, p. 415. [consultado o 17 de decembro de 2014].
  6. The Sforza and the Aragonese Arquivado 05 de outubro de 2010 en Wayback Machine. – Maike's History of Women and the History of Everyday Life – kleio.org
  7. Fraser, Antonia (1988). The Warrior Queens. New York: Vintage Books. p. 198. ISBN 0-679-72816-3. 
  8. E. Breisach, Caterina Sforza, a Renaissance Virago (1967
  9. Buriel: Vita di Caterina Sforza-Jtiario (Bologna, I7-5
  10. Pietro Desiderio Pesolini Dali Onda: Caterina Sforza (3 vol. Rome, 1893
  11. Abrahão, Miguel M. - O Strip do Diabo - Ed. Agbook -2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brogi, Cecilia (1996). Caterina Sforza (en italiano). Arezzo: Alberti & C. Editori. 
  • Graziani, Natale; Venturelli, Gabriella (2001). Caterina Sforza (en italiano). Cles: Arnoldo Mondadori Editor. 
  • Elizabeth Lev: The Tigress of Forli: Renaissance Italy's Most Courageous And Notorious Countess, Caterina Riario Sforza De' Medici. Boston: Houghton Mifflin Harcourt, 2011. ISBN 0151012997.
  • Antonio Perria: I terribili Sforza. Trionfo e fine di una grande dinastia, Milano, Sugar Co Edizioni Srl, 1981.
  • Cinzia Demi: Caterina Sforza, Fara, 2010.
  • Frédérique Verrier: Caterina Sforza et Machiavel ou l'origine du monde, Vecchiarelli, 2010.
  • Cesare Marchi: Giovanni delle Bande Nere, Milano, 1981.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]