Castro de Moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°41′04″N 7°14′05″O / 42.684325, -7.23475

Castro de Moura
ParroquiaSan Xoán de Lóuzara
ConcelloSamos
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27055031
Cronoloxía
Datas de ocupaciónSec. III a.C.-II d.C.
Data da descuberta?
Períodos de escavación1994
Estado actualMoi alterado.
Extensión estimada0,6 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Moura é un castro da Idade de Bronce Final que se atopa preto do lugar de Frexulfe, na parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello lucense de Samos. Ocupa un lugar a 946 metros sobre o nivel do mar, desde o que se domina visualmente boa parte do val do Loúzara.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Ten forma ovalada e componse dun único recinto de pequenas proporcións, mide de norte a sur 115 metros e de leste a oeste uns 70 metros. Nas partes escavadas téñense constatado unha ocupación datable cara ao cambio de era.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas de urxencia con motivo da instalación dun poste repetidor da RTVG. Escaváronse un total de 103 m². Destapouse unha estrutura circular que podería corresponder a un fondo de cabana[1], no que destaca a gran cantidade de buratos de postes aparecidos no interior cunha disposición en forma de círculo. A planta circular defínese por un rebaixe na rocha e por un aliñamento de pedras de escasa altura.

Con posterioridade a este primeiro traballo de escavación realizouse unha segunda intervención, na que se destapou unha estrutura pétrea de laxes de xisto e parte dun fondo de cabana (Hervés, 1994).

Atendendo aos restos atopados, fálase dunha ocupación entre o século III a.C. e a época romana, se ben estes datos deben terse en conta como hipóteses de traballo non definitivas. O lugar ata fai pouco tempo fora obxecto de explotación agrícola, polo que as estruturas atopadas se atoparon nun nivel superior moi alterado.

Materiais[editar | editar a fonte]

  • Cerámica: Destacan os restos cerámicos, que son de calidade e moitos deles presentan marcas de torno. En número destacan os restos de olas. Adoitan ser de pastas escuras e lisas. Poucas teñen decoracións, algunhas con motivos de decoracións de cordóns de pirámides.
  • Material lítico : Destacan dous muíños planos, unha afiadoira rectangular, unha fusaiola decorada con tres círculos concéntricos ou pesas de xisto para a fixación do tellado.
  • Elementos metálicos : só se atopou unha lámina de bronce.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enténdese neste caso cabana como unha construción feita de materiais perecedeiros, vexetais etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]