Castro de Ferreira
Coordenadas: 42°30′28″N 7°37′34″O / 42.507777777778, -7.6261111111111
Castro de Ferreira | |
---|---|
Parroquia | Ferreira de Pantón |
Concello | Pantón |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27041009 |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Ferreira é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón.
Situación[editar | editar a fonte]
O castro sitúase próximo á aldea de Basillao, no monte do Castro a unha altitude de 413 metros e a carón do rego de Regueiral de Abaixo. Tiña unha situación xeográfica sobre o val do río Ferreira e a depresión que forma o Regueiral de Abaixo.
Historia[editar | editar a fonte]
Nunca se realizou ningún estudo sobre o castro. As murallas do castro foron desaparecendo en varios dos seus puntos pola construción de muros de leiras na súas ladeiras.
En tempos máis recentes, até os anos 80 na parte superior do castro cultivábase centeo; hoxe en día nesta parte existe unha poboación de piñeiros e todo ó redor do castro ten unha carballeira.
Lenda[editar | editar a fonte]
O castro de Ferreira, ten unha lenda. Esta lenda conta que os mouros enterraron no castro un valioso tesouro que xamais foi atopado. Ademais cóntase que os poboadores do castro acudían con frecuencia á feira que se celebra en Ferreira de Pantón, e que acostumaban mercar viño nunha adega próxima ó castro.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rey Nóvoa, José Manuel (1992). Pantón. Everest.