Castro da Trinidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°27′25″N 7°19′36″O / 43.456893, -7.326788

Castro da Trinidade
ParroquiaVilamor
ConcelloMondoñedo
ProvinciaProvincia de Lugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27030022
Cronoloxía
Data da descuberta1995?
Períodos de escavaciónNon escavado
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Castro da Trinidade ou Monte da Trinidade (chamado Castro de Flores, no concello de Lourenzá, co código GA27027012), é un castro de cumio fortificado situado no concello de Mondoñedo. En 2008 atopouse un machado votivo de bronce, só hai outros dous machados votivos semellantes en Galicia. O Machado duns 10 cm, ten representado un torque. A peza está en exposición no Museo do Castro de Viladonga.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Machado votivo de Castro Trinidade, Mondoñedo. No Museo do Castro de Viladonga.

O castro está situado no cumio do monte Trinidade. Un penedo rochoso ao redor do cal existe unha canteira, Canteira Trinidade, que foi comendo o penedo. O castro foi catalogado en 1995. O 11 de marzo de 2016 a xefa do Servizo de Patrimonio de Lugo xunto co arqueólogo da Xunta en Lugo propuxeron excluír o castro do catálogo da Xunta. O 13 de xuño de 2016 aprobouse o PXOM de Mondoñedo no que aparece o castro catalogado como Castro da Trinidade. A canteira foi denunciada por Adega polos danos causados ao castro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria respondeu a esta denuncia que a empresa achegou evidencias de que o castro está proposto para a súa exclusión do preinventario da Xunta de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]