Castro, Mesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°03′46″N 8°10′41″O / 43.06287, -8.17803

Castro
Igrexa de Castro, Mesía.JPG
Igrexa parroquial de San Sebastián.
ConcelloMesía
Área4,86 km²
Poboación94 hab. (2016)
Densidade19,34 hab./km²
Entidades de poboación10

San Sebastián de Castro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 107 habitantes (49 homes e 45 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar do Lago, hai un pazo do século XVII, de estilo barroco, que posúe unha pequena capela cun retablo do ano 1842.

Pazo da Casa da Vila, do século XIX, mandado construír por Saturnino Aller Rodríguez, que foi presidente da Deputación da Coruña. Posúe unha boa biblioteca e un observatorio na parte máis alta, pois alí viviu Ramón María Aller Ulloa, coñecido astrónomo, sobriño do antigo dono.

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Sebastián, o 20 de xaneiro.
  • Corpus Christi, o 8 e 9 de xullo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Castro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castro no concello de Mesía (A Coruña)

O Carballeira | Gosende | A Igrexa | O Lago | O Pazo | A Ponte | Receá | O Telleiro | A Vila | As Xunqueiras

Parroquias de Mesía[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]