Bascoi, Mesía
Bascoi | |
---|---|
Fortaleza de Mesía. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°07′13″N 8°13′16″O / 43.1203, -8.2212 |
Área | 10,08 km² |
Poboación | 125 hab. (2023) |
Densidade | 12,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Bascoi[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 125 habitantes (59 mulleres e 66 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 219 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santiago de Bascoi data do século XVII. No interior garda un coro de madeira elevado, situado aos pés, e un arco de triunfo que divide o presbiterio da nave.
A Capela de San Roque e a Virxe do Carme con elementos góticos e barrocos.
O Castelo de Mesía na Pobra, en ruínas. De estilo gótico tardío, consérvanse parte das murallas, o foxo, e indicios da distribución do interior. Mandada construír por Gonzalo Díaz de Mesía, pouco máis tarde pasou a ser propiedade de Gómez Pérez das Mariñas I.
Festas
[editar | editar a fonte]- Virxe do Carme, 16 de xullo.
- Santiago Apóstolo, o 24 e 25 de xullo.
- Santa Bárbara, 2 de decembro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ruínas do Castelo de Mesía.
-
Ruínas do Castelo de Mesía.
-
Ruínas do Castelo de Mesía.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bascoi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bascoi no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Amande | Augalada | Bermui | Os Blancos | O Campo | As Corredoiras | O Fondo | A Fonte | A Fraga | Gandarela | Liñarcovo | O Medio | Paredes | A Pedreira | A Pobra | A Rañoa | O Regueiro | Sadornín | Tamarín | As Teixoeiras | A Uceira | Vilanova | Vilariño |